A arte do gravado no Museo Provincial de Lugo

O Museo Provincial de Lugo conta cunha importante colección de gravados, así como cunha sección propia dedicada a artistas que cultivaron esta técnica. Co fin de dar a coñecer a obra destes autores e o funcionamento da técnica do gravado, unha das máis complexas do traballo artístico, nace esta actividade destinada ao alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato.

Trátase dunha visita na que viaxaremos a través da historia do gravado para aprender que é unha xilografía, unha litografía ou unha augaforte; que instrumentos se empregaban para a súa realización e que artistas galegos e lucenses destacaron polo seu dominio desta técnica.

A actividade pode concluír cun taller práctico no que a rapazada elaborará o seu propio gravado aplicando os coñecementos adquiridos.

Buscar por:

  • Museo Provincial de Lugo

  • Gratuíto

  • comunidadermpl@gmail.com

Características:

Solicita máis información
Solicita unha visita

Recursos asociados a esta actividade

Outras actividades deste programa