A Mariña sálvase loitando
Presentación día 30 de Outubro
“A Mariña sálvase loitando” é o berro dos traballadores e traballadoras de Alcoa, a voz dunha comunidade en pé loitando polo seu futuro. Por iso este será un espazo colaborativo destinado a accións co tecido asociativo e a comunidade educativa da Mariña. Conta coa participación do IES San Rosendo de Mondoñedo, co seu proxecto “Amar o mar”. A partir dun obradoiro de fotografía impartido por Gabriel Tizón, o alumnado retratará ás mulleres das súas vidas, verdadeiras protagonistas da nosa intrahistoria.
Visita inmersiva da exposición en 3D
Presentación día 30 de Outubro