A opresión e o castigo ao longo da historia

Partindo de diferentes pezas das nosas coleccións tales como a cadea “a Mariscala”, a vara da mestra da “Escola de Doloriñas”, os “Galeotes” condenados a remar ou o cadro “Les relevailles” (que mostra a mulleres que volven á igrexa tras a cuarentena, período no que non se lles permitía ir), indagaremos sobre formas de castigo, represión e opresión existentes ao longo da historia.

Outras actividades deste programa