Infancia e Familia

Na Rede Museística somos unha  gran familia e, como tal, temos a misión de coidar, ensinar, incentivar e contribuír ao crecemento interior de quen forma parte da nosa comunidade. Por esta razón, procuramos desenvolver proxectos e iniciativas destinadas aos máis pequenos e pequenas da casa, posto que son o futuro e o xerme do cambio que permitirá construír un mundo mellor.

Contamos co Club Pequeamigxs, que ofrece múltiples actividades destinadas a achegar a arte e o patrimonio á rapazada de xeito lúdico e interactivo.

Tamén se realizan obradoiros familiares, que teñen como obxectivo fortalecer e tecer lazos  entre as familias, incentivar o traballo en equipo, aprender escoitando ás persoas maiores e, en definitiva, contribuír a medrar xuntas e xuntos coñecendo a nosa historia, o noso patrimonio e as nosas raíces.

Últimos Programas

Descubre os últimos programas adicados a infancia e familia na nosa rede.

Ver todos os programas

Últimas Actividades

Descubre as últimas actividades adicados a infancia e familia na nosa rede.

Ver todas as actividades

Derradeiros Recursos

Descubre os derradeiros recursos adicados a infancia e familia na nosa rede.