ContaContos na Rede

Desde a Rede Museística avogamos por recuperar a tradicionalidade dos contacontos, esa narrativa de tradición oral que pasou de xeración en xeración, e mesturala con esa literatura participativa, onde o alumnado é o axente activo que se vai integrar na historia, buscando así a interacción e aprendizaxe continua ao longo desta actividade.

A través de diferentes modalidades adaptadas ás idades do alumnado, e tendo o “contacontos” como fío condutor, adentrarémonos nos catro museos da Rede Museística e na súa contorna, escenario destas historias contadas. Estimularemos a imaxinación e a creatividade, espertaremos a sensibilidade e traballaremos valores educacionais; buscando o estudo do noso pasado e a nosa contorna, así como a transmisión da herdanza cultural, social e patrimonial.

Atopa máis información aquí.

Buscar por:

  • Museo-Fortaleza San Paio de Narla

  • Gratuíto

  • comunidadermpl@gmail.com

Características:

Solicita máis información
Solicita unha visita

Recursos asociados a esta actividade

Outras actividades deste programa