Creamos contos populares

Este proxecto consiste nunha actividade didáctica que emprega obxectos pertencentes ás coleccións da Rede Museística Provincial para crear diferentes tipos de contos populares. Trátase, polo tanto, dunha tentativa de achegar ao alumnado ó patrimonio material da Rede e ao patrimonio inmaterial que supón a literatura de tradición oral galega.

A actividade consta de dúas partes presentadas separadamente en dous arquivos PDF, que serán remitidos aos centros educativos que o soliciten. Na primeira,  preséntase a actividade e as principais características dos contos populares, de forma que sirva de guía pra a produción de contos que se levará a cabo posteriormente. A segunda parte consiste nun documento interactivo no que se proporcionan distintas opcións (ilustradas con pezas das coleccións da Rede Museística) que o alumnado terá ir seleccionando para desenvolver a súa historia. Por último, cada participante terá unha serie de notas escritas a partir das que poderá narrar o seu conto ao resto da aula.

Esta proposta didáctica pode realizarse de xeito virtual ou completarse cunha visita presencial ás coleccións que se traballaron durante a elaboración dos contos.

Buscar por:

  • Museo Provincial de Lugo, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar

  • Gratuíto

  • comunidadermpl@gmail.com

Características:

Solicita máis información
Solicita unha visita

Recursos asociados a esta actividade

Outras actividades deste programa