Día do Patrimonio Mundial e Natural

O 16 de novembro celebramos o Día do Patrimonio Mundial e Natural, data que conmemora a firma en París da Convención sobre Patrimonio de 1972.

A Rede conta con cinco elementos declarados con protección BIC: o Convento de San Francisco (1931), San Paio de Narla (1949), o Museo Provincial de Lugo (1962), a Colección de Ourivería Álvaro Gil Varela (2015) e o Pazo de Tor (2018). Apostamos tamén porque o Museo Provincial do Mar sexa tamén un posible BIC, xa que agrupa no mesmo espazo o patrimonio material e inmaterial dunha forma de ser e sentir, como edificio, contido e comunidades da súa contorna.

Na Rede Museística Provincial traballamos para que a educación, a conservación e a difusión do noso Patrimonio sexan unha auténtica posta en valor todos os días do ano. Polo tanto, non imos restrinxirnos a un único día, e así presentamos un programa integral de continuidade no que colocamos no centro o maior patrimonio dos nosos museos, todas as nosas comunidades: escolar, familiar, senior, mocidade, visitantes e terceiro sector.

Durante todo o mes de novembro abrimos á participación un programa completo sobre a nosa riqueza Patrimonial: conferencias, encontros online, achegas en redes sociais e visitas inmersivas, onde o maior expoñente é o público.

Actividades incluídas neste programa

Otros proxectos da comunidade educativa