Día Internacional dos Museos 2021

18 de maio

“O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar”

Cartel Día Internacional dos Museos 2021

Presentamos o Día Internacional dos Museos 2021 cuxo lema ‘O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar’, inspira desde hai 15 anos a liña de traballo desta Rede Museística Provincial de Lugo. Toca, por tanto, facer memoria do que fomos para visualizar o que queremos ser.

Como vén sendo habitual, poremos en práctica esta idea a través de diferentes actividades (convocatorias, obradoiros e conferencias) que dan comezo neste mes de maio e que se estenderán ata o final de ano tomando a colaboración cos diversos públicos como base para a reflexión e a construción de futuro.

Ademais, este ano, coma sempre, celebramos as tres datas sinaladas  para o mundo da cultura galega: o día 15 de maio, a Noite dos Museos; o 17, o Día das Letras Galegas dedicado a Xela Arias; e o 18, o Día Internacional dos Museos.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

Lendo a Xela

Con motivo da celebración o día 17 de maio do Día das Letras Galegas dedicado a Xela Arias abrimos convocatoria para recibir as vosas lecturas da obra da destacada poeta.

O formato será en vídeo de máximo dous minutos de duración, preferiblemente en horizontal, que publicaremos nas nosas redes sociais na noite do 17 de maio.

Envío de material: comunidadermpl@gmail.com

Sementando galego

Unha experiencia educativa e reflexiva para mirar ao pasado a través daquelas palabras que nos suxiren outros momentos e dirixir a vista cara ao presente con aqueloutras que nos importan conservar. Sementándoas, pasarán a ser o substrato necesario para construír o noso futuro.

Esta convocatoria está dirixida, tecendo redes coa comunidade, a todos os públicos que poderán participar de forma individual e colectiva como familias, colexios ou grupos, traballando en todo caso unha reflexión previa relacionada co recuperar e o reimaxinar a nosa lingua, o que, en definitiva, queremos que sexa o que marque este Día dos Museos.

Datas e lugares da sementeira:

17 de maio ás 19:30h. en San Paio de Narla.

18 de maio ás 14:00h. no Pazo de Tor.

18 de maio. Escape-room do patrimonio. Recuperando o pasado para re-imaxinar o futuro

Queres coñecer un pouco máis da provincia de Lugo e o dos seus museos? Dende a Rede Museística propoñémosche unha serie de retos para que demostres canto sabes sobre a túa contorna. O desafío atópase en códigos QR agochados en distintos puntos, que ao lelos co móbil danche paso a unha misión que debes resolver.

Serás quen de superar todas as misións? Por cada unha que completes obterás un díxito e unha pista para atopar a seguinte. Se consegues todos os díxitos, obterás unha recompensa!

Anímaste?

Non precisa inscrición previa. O día 18 de maio, a aventura comeza nos seguintes puntos:

Lugo: Xardín do Museo Provincial de Lugo.

Friol: Gasolineira á entrada (Estrada L-232, 19).

San Cibrao: Temón da entrada do Museo Provincial do Mar.

Monforte de Lemos: Oficina de Turismo.

Recuperar onde vivimos, imaxinar onde viviremos

Actividade aberta á participación onde traballaremos ao redor de tres datas que marcan o ronsel que estamos a debuxar: o pasado, representado no nacemento da Rede Museística en 2006; o presente, con este 18 de maio como Día Internacional dos Museos; e o futuro, coa vista posta na consecución dos “Obxectivos de Desenvolvemento Sostible” da Axenda 2030.

Así, dende o 18 de maio ata o 18 de decembro, Día Internacional das Migracións,  recolleremos imaxes do pasado relacionadas cos lugares que habitamos: prazas, edificios, tendas, paisaxes polas que descorría o cotián que queremos recuperar, etc.

Ademais, para completar a actividade, respondede con imaxinación a como pensades que serán e como viviremos estes espazos cando chegue o ano 2030.

O formato é libre poden ser achegas multimedia (fotos, vídeos), textos, composicións, debuxos, colaxes, etc.

AXENDA DIM2021

14 de maio. Conferencia de Nekane Aramburu.

Conferencia online de Nekane Aramburu sobre o seu libro Alternativas. Políticas de lo independiente en las Artes Visuales. Para todos os públicos con interese en museos, xestión cultural e inclusión de outras narrativas. Con esta publicación a autora ofrece ferramentas de pensamento crítico para abordar os relatos da historia da arte.

Durante os días seguintes un grupo de traballo de profesionais da xestión cultural analizará en profundidade metodoloxías e conceptos evolutivos inclusivos.

Lugar: Online.

Hora: De 17:00 a 18:00h.

Inscricións: comunidadermpl@gmail.com

15 de maio. Noite dos museos

Presentación de 4 proxectos que poñen en práctica o lema deste Día Internacional dos Museos como liña de xestión da Rede Museística Provincial de Lugo nestes 15 anos de traxectoria.

Lugar: San Paio de Narla.

Hora: 20:00h.

Inscricións: comunidadermpl@gmail.com

  • Arquitecturas de memoria

Desde Friol, recollida de testemuñas orais e en primeira persoa das vivencias das nosas comunidades, en especial as rurais, coas que subliñamos o valor do noso patrimonio cultural e a súa raizame no territorio.

  • Xornadas 15 anos da Rede Museística. Rede de Museos, Redes de Persoas. “Á maneira de” recuperar e reimaxinar.

Obradoiros da man de creadoras e creadores contemporáneos que tecen rede na historia da Rede Museística Provincial de Lugo.

Dende maio ata outubro, desenvolveranse diferentes propostas relacionadas con técnicas diversas que ofrecen outras maneiras de contar. Ilustración, estampados, bordado, traballo co papel, debuxo e escultura ademais dun relatorio sobre as mulleres artistas na historia da arte. Contamos coa participación de Iria Fafián, Iria do Castelo, Rebeca Lar, Bibí Martí e Virginia Rivas.

  • Presentación e estrea do capítulo 0 da web-serie Ronsel de Futuro.

Contará coa actuación dos e das integrantes de  Producións Señor  López.

  • Recuperar onde vivimos, reimaxinar onde viviremos

Actividade aberta á participación onde traballaremos ao redor de tres datas que marcan o ronsel que estamos a debuxar: o pasado, representado no nacemento da Rede Museística en 2006; o presente, con este 18 de maio como Día Internacional dos Museos; e o futuro, coa vista posta na consecución dos “Obxectivos de Desenvolvemento Sostible” da Axenda 2030.

Así, dende o 18 de maio ata o 18 de decembro, Día Internacional das Migracións,  recolleremos imaxes do pasado relacionadas cos lugares que habitamos: prazas, edificios, tendas, paisaxes polas que descorría o cotián que queremos recuperar, etc.

Ademais, para completar a actividade, respondede con imaxinación a como pensades que serán e como viviremos estes espazos cando chegue o ano 2030.

O formato é libre poden ser achegas multimedia (fotos, vídeos), textos, composicións, debuxos, colaxes, etc.

16 de maio. Sementando Galego

Unha experiencia educativa e reflexiva para mirar ao pasado a través daquelas palabras que nos suxiren outros momentos e dirixir a vista cara ao presente con aquelas outras que nos importan conservar. Sementándoas, pasarán a ser o substrato necesario para construír o noso futuro.

Esta convocatoria está dirixida, tecendo redes coa comunidade, a todos os públicos que poderán participar de forma individual e colectiva, como familias, colexios ou grupos, traballando en todo caso unha reflexión previa relacionada co recuperar e o reimaxinar a nosa lingua, o que, en definitiva, queremos que sexa o que marque este Día dos Museos.

Lugar: San Paio de Narla.

Hora: 18:00h.

Inscricións: comunidadermpl@gmail.com

Aforo: 30 persoas.

18 de maio. Unha xornada palaciana: pasado, presente e futuro da vida dos pazos galegos. Os casos de Tor e Meirás

Construirase un novo espazo de reflexión patrimonial e cultural cunha mirada múltiple da que participarán especialistas e testemuñas directas do mundo palaciano. Abordarase tanto a dimensión histórica e cultural dos pazos, coma os aspectos patrimoniais, museolóxicos e sociais que lles concirnen:

  • Primeiro bloque: dedicado á visión histórica da vida palaciana. Con Pegerto Saavedra Fernández e Antonio Presedo Garazo.
  • Segundo bloque: dedicado á recuperación pública dun ben patrimonial. Con Manuel Monge González e Carlos Babío Urkidi.
  • Terceiro bloque:  en relación co pasado inmediato e o presente do Museo Pazo de Tor. Con Ángeles Rivada González, Encarna Lago González, Verónica Fulgencio Fernández, Tar López López e Simón Vicente López.

Presenta: Tareixa Antía Ferreiro Tallón.

Modera: Encarna Lago.

Lugar: Museo Pazo de Tor.

Hora: De 10:00 a 14:00h.

Inscricións: comunidadermpl@gmail.com

Aforo: 15 persoas.

18 de maio. Sementando galego

Unha experiencia educativa e reflexiva para mirar ao pasado a través daquelas palabras que nos suxiren outros momentos e dirixir a vista cara ao presente con aquelas outras que nos importan conservar. Sementándoas, pasarán a ser o substrato necesario para construír o noso futuro.

Esta convocatoria está dirixida, tecendo redes coa comunidade, a todos os públicos que poderán participar de forma individual e colectiva, como familias, colexios ou grupos, traballando en todo caso unha reflexión previa relacionada co recuperar e o reimaxinar a nosa lingua, o que, en definitiva, queremos que sexa o que marque este Día dos Museos.

Lugar: Pazo de Tor.

Hora: 14:00h.

Inscricións: comunidadermpl@gmail.com

Aforo: 30 persoas.

18 de maio. Obradoiro de ilustración con Iria Fafián con versión online

Destinado a familias, este obradoiro está orientado a estimular a creatividade e a colaboración a través dun exercicio sinxelo e divertido en torno ao deseño de personaxes. A intención é dar unhas ferramentas de creación que se poidan utilizar a modo de xogo.

Ademais, as persoas interesadas sen praza presencial poderán seguir  este obradoiro vía streaming solicitando o enlace no mesmo correo electrónico.

Lugar: Museo Provincial de Lugo.

Hora: de 17:00 a 20:00h.

Inscricións: comunidadermpl@gmail.com

Aforo: 10 nenxs de 8 a 12 anos acompañados dunha persoa adulta.

18 de maio. Imaxinando ás escuras

Visita sensorial co colectivo ONCE de Galicia.

Lugar: Museo Provincial de Lugo.

Hora: 11:00h.

18 de maio. Recuperando e reimaxinando proxectos de xénero na Rede Museística.

Eu…, ti…, elas…, nosoutras, nosoutrxs… en rede é un proxecto artístico de diversidade e igualdade. Presentamos así co fío de recuperar a nosa memoria, e que sirva para reimaxinar un mundo máis xusto, o catálogo que dá visibilidade ás propostas colaborativas desenvoltas neste tempo de singradura comezado en 2018.

Completaremos o actividade coa presentación da unidade educativa dedicada a igualdade de xénero destinada á comunidade escolar e ás familias.

Lugar: Museo Provincial de Lugo.

Hora: 20:00h.

Inscricións:  comunidadermpl@gmail.com

Aforo: 15 persoas.

18 de maio. Concerto de Carmen Penin

Broche final ao DIM 2021 no Museo Provincial de Lugo.

Lugar: Museo Provincial de Lugo.

Hora: 20:30h.

Inscricións:  comunidadermpl@gmail.com

Aforo: 15 persoas.

Buscar por:

  • Desde o 14 de maio de 2021 ata finais de ano

  • Museo Provincial de Lugo, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar

  • Gratuíto

  • Aforos específicos para cada actividade

  • comunidadermpl@gmail.com

Características:

Solicita máis información
Solicita unha visita

Outras actividades relacionadas con este programa

Outros programas da comunidadermpl