Diversigualdade na Rede

A Rede Museística Provincial de Lugo centra o seu labor nas persoas e, polo tanto, a súa estratexia baséase en buscar canles de comunicación entre os museos e as comunidades na súa diversidade. As coleccións serán, entón, ferramentas sobre as que abrir o diálogo, desde a escoita e a reflexión, para unha educación na tolerancia e o respecto.

Afrontar a diversidade desde a familia, a escola e o museo significa traballar na prevención de situacións de acoso, vulnerabilidade e exclusión, tanto nos presentes como nos futuros ciclos educativos para, en definitiva, formar persoas cunha mellor fortaleza social.

Esta proposta didáctica xira ao redor de tres eixos fundamentais:

  • Recoñecer a diversidade sexual e de identidades na nosa sociedade.
  • Incluír novos relatos sobre as coleccións cos que nos representen a todas/todos/todxs.
  • Fortalecer as relacións entre a comunidade, os museos e o territorio como lugares onde aprender a ser, a coñecer, a convivir e a facer de forma sostible.

Queres saber máis e coñecer as actividades que vos propoñemos? Descarga aquí os nosos cadernos didácticos.

Caderno para familias

Caderno para o profesorado

Caderno para alumnado de 2º de infantil, 1º e 2º de primaria

Caderno para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO

Caderno para alumnado de 3º, 4º de ESO e Bacharelato

Buscar por:

  • Museo Provincial de Lugo, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar

  • Gratuíto

  • comunidadermpl@gmail.com

Características:

Solicita máis información
Solicita unha visita

Outras actividades deste programa