Comunidade Educativa
A educación é unha función intrínseca aos museos, polo que desde a Rede Museística Provincial de Lugo consideramos fundamental tecer lazos cos centros educativos. Así pois, traballamos no deseño de actividades e inciciativas que nos permitan achegarnos tanto ao profesorado como ao alumnado, co fin de construír proxectos en común.
Neste espazo atoparás a nosa programación educativa, con propostas adaptadas ás diferentes idades e fundamentadas no currículo escolar. Ademais, a comunidade universitaria e investigadora conta tamén cun espazo propio dentro das iniciativas da Rede Museística, que leva anos ofrecendo prácticas académicas de Grao e Mestrado, atendendo ás solicitudes e consultas do persoal investigador e publicando artigos no Boletín da Rede.
Últimos Programas
Descubre os últimos programas adicados a comunidade educativa na nosa rede.
Últimas Actividades
Descubre as últimas actividades adicadas a comunidade educativa na nosa rede.
Últimos Recursos
Descubre os últimos recursos adicados a comunidade educativa na nosa rede.