Eureka! Pequenos grandes inventos da humanidade

En Exipto medían as horas co reloxo de sol, en Roma cambiaron o troco pola moeda e a Idade Media tróuxonos os cubertos, a cheminea ou os cristais das ventás.

O obxectivo desta proposta é coñecer os diferentes inventos da humanidade -e a repercusión que tiveron na vida do ser humano- mentres percorremos as coleccións do museo (reloxos de sol, reloxos mecánicos, muíños, tear, botóns, moedas…)

Outras actividades deste programa