EXPLORA
A Rede Museística Provincial de Lugo aposta pola museoloxía social. Por iso, as propostas dos catro museos pivotan sobre temas que teñen que ver coas persoas. E, dende elas, coa comunidade, o territorio e o patrimonio material -como as coleccións- e inmaterial -como a memoria-.
Aquí atoparás propostas desenvolvidas pola Rede, clasificadas segundo as liñas temáticas que definen a nosa maneira de ser museos e de estar na sociedade.

Identidade, memoria e territorio
Na Rede Museística propuxémonos o uso de diversas ferramentas tecnolóxicas para documentar e visibilizar patrimonio inmaterial vinculándoos ao espazo público, co obxectivo de traballar identidade, memoria e territorio en relación ás catro desigualdades: xénero, clase, etnia e discapacidade.
Con estos proxectos, vinculados ás persoas maiores, pero tamén ás dinámicas interxeracionais, realizamos un achegamento alternativo ao mundo rural e a quen o habita ou habitou con toda a súa diversidade, conectando e poñendo en valor aspectos ás veces invisibilizados, así como a súa riqueza cultural e social.
Iniciativas que traballan na definición da comunidade a través da recuperación de memoria e da visión e a vivencia das persoas sobre o lugar que habitan.
O último que a RMPL ofrece sobre Identidade, Memoria e Territorio
‘Encontros no rural. Diálogo de saberes da RMPL’, no Museo Pazo de Tor
(RE)CONEXIÓN
[Da] Terra Semente [Dá] Semente Terra
[Da] Terra Semente [Dá] Semente Terra
O noso heroe volve a casa
Recolectoras. Memoria e Terra.
Oficios en extinción
A Ulloa. Fotografías centrípetas
Friol lembra
Mulleres ao salseiro
Amar a mar
Derivas
Patrimonio mariñeiro en feminino
A Mariña salvase loitando
Mariñas, marosas e maruxainas
Ama a mar: mariñas, marosas e maruxainas.
Estoxos de paradoxos

Xéneros e igualdade
Propostas pensadas para coñecérmonos sen complexos nin prexuízos e para ocupar o noso lugar no espazo e no relato tradicional.
Nesa vontade de re-formular o discurso activamos SoTERRAdas: un programa no que integramos 23 anos de proxectos e todo un Plan que pretende dar luz á escuridade e voz ao silencio, de cara visibilizar as desigualdades sufridas, de xénero e tamén de clase. Facémolo precisamente dende o museo, tradicionalmente a institución privilexiada dunha clase determinada: o espazo onde se conservou o coñecemento e a historia “oficial”.
Temos por diante o reto de reformular a institución en clave de diversidade e igualdade. A renovación do pensamento e da práctica museolóxica iniciada por Henry Riviere e André Desvalles, a altermuseoloxía de Pierre Mayard, marcáronnos o camiño: queremos profundar na idea dun museo expandido, aberto, flexíbel, dinámico e accesíbel á expresión humana.
Un novo museo chegou para quedar: un museo traballando e pensando no común, no que as obras, os coñecementos, os obxectos son de todos, todas e todes para xerar un espazo no que ninguén sexa excluído.
O último que a RMPL ofrece sobre Xéneros e igualdade
Coidados, vulnerabilidades e dependencias
I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero
II Xornadas Pacegas
SoTERRAdas
Mulleres rurais
Facémonos escoitar?

Accesibilidade, integración e inclusión
Accións que queren afondar na plena inclusión da cidadanía e traballar arredor da integración e a accesibilidade mais aló da rampla ou dos recursos en braille. Proxectos e actividade para dar lugar a diversidade, para que todxs podamos disfrutar dos nosos dereitos e para derribar barreiras físicas e simbólicas.
Propostas de formación, capacitación e actualización coa comunidade para crear. E recursos, ferramentas e experiencias de traballo para reflexionar xuntxs e construír un museo no que estemos todes!
O último que a RMPL ofrece sobre Accesibilidade, Integración e Inclusión
Trazando solidariedade
Fotografía a cegas V
Coñécelas e Recoñécelas
Fotografía a cegas IV
Fotografía a Cegas III
Fotografia a cegas II
Fotografía a cegas

Diálogo intercultural
Iniciativas que posibilitan o coñecemento entre culturas e puntos de encontro e conexión nos que medrar xuntas nun contexto no que a colaboración é imprescindible. Por iso, os verbos cooperar, colaborar, co-coordinar, co-organizar co-producir, co-crear así como co-xestionar están presentes nestas iniciativas.
Trátase de propostas deseñadas mediante a colaboración transversal entre RMPL e as asociacións de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses en Lugo e as entidades socioculturais e institucións locais, estatais e internacionais vencelladas á migración.
O último que a RMPL ofrece sobre Diálogo Intercultural
Proximidade Llunyana, en L’Hospitalet de Llobregat
Proximidade Llunyana, en Navia de Suarna
Proximidade Llunyana.

Educación e mediación
Propostas de reflexión, aprendizaxe ou encontro arredor da educación e a mediación sociocultural. A traves delas a RMPL promove a participación, o dialogo e o intercambio de coñecementos.
Museoloxía social
En 1985 en Portugal nace MINOM: unha innovadora corrente que establece a súa teoría en base a tres conceptos que forman a estrutura do Museo social: comunidade, patrimonio e territorio.
Os programas da Rede Museística siguen esta corrente de pensamento dende o seu nacemento no 2006. En realidade, todos os proxectos da Rede Museística poderían estar incluídos neste apartado, pero aquí atoparás concretamente aquelas accións levadas a cabo dende a RMPL co obxectivo de profundar, aportar, difundir, aprender,… sobre Museoloxía Social.
O último que a RMPL ofrece sobre Museoloxía Social
I Foro expandido de Museoloxía Social da Rede Museística Provincial de Lugo
Estratexias Dixitais en Museoloxía Social
Plan de igualdade material