Fotografía a cegas

Imaxe na que se ven participantes dos obradoiros nunha praia posando

Este programa forma parte de: Fotografía a cegas

Abril de 2012

Presencial

Para os escépticos “Fotografía a Cegas” resultaralles unha experiencia inútil, unha formula que non ten solución correcta e un imposible absurdo, pero o certo é que do impensable é de onde xorden as grandes solucións.

Cando algo de antemán preséntase como un impedimento estrito por forza natural, é cando aumentan as ganas de profundar e entender, a fotografía é unha linguaxe visual que ademais de comunicativo é unha ferramenta expresiva, cotiá e próxima, rodéanos diariamente bombardeando con imaxes todos os medios e contornas, ata o punto de pasar desapercibida pola normalidade que supón.

Para un cego, introducirse na fotografía, pódelle parecer de antemán un campo vetado e pódelle provocar frustración por non percibir o resultado de algo tan común, pero a fotografía transmite unha linguaxe expresiva que se inicia desde o momento que se realiza a imaxe, e neste caso, a acción de realizar unha fotografía a cegas, reflicte unha aptitude aberta e comunicativa, que pretende expandirse e penetrarse nunha perspectiva descoñecida onde a pauta a guía a luz, e de luz a pesar de todo, os cegos saben moito, xa que ao vivir na súa ausencia poden percibir e manexarse nunha amplitude allea para os videntes, vivindo a fotografía con outra mirada, sentindo a posibilidade de percibir outras realidades.

Precisamente nisto consiste o taller “Fotografía a Cegas”, en buscar outras realidades, entender a fotografía como unha ferramenta próxima, que pode utilizarse sen ollos, sen necesidade de ver o que se ten diante, senón buscando o que sente ou se pensa, rebuscando para mostrar a inquietude que responda un reflexo persoal nun medio case hostil guiado pola luz, que permite dialogar co que está oculto.

Á fin e ao cabo ese é o principio básico de calquera medio de expresión, reflectir unha inquietude, buscar respostas dentro da capacidade comunicativa e expresiva e sementar o reflexo interior de cada individuo.

A fotografía é quizais dentro das disciplinas artísticas a antítese da cegueira, noutras linguaxes artísticas é común que persoas cegas atopen a súa vocación, fácil atopar un cego músico ou literato, cun oído e verbo altamente desenvolvido, un cego escultor ou pintor, guiado polo tacto e o relevo, e menos común pero non tan estraño é atopar a un fotógrafo cego.

Existen precedentes de resonancia internacional que demostran a capacidade de manexar o medio fotográfico na total escuridade, buscando na súa situación persoal un discurso que os identifique, son os exemplos de Evgen Bavcar ou Pete Eckert, fotógrafos cegos que demostran coa súa obra outro modo de vivir e experimentar a fotografía, artistas que coa súa obra persoal penetráronse nun mundo descoñecido, atrevéndose a pintar un lenzo en negro con pinceis de luz.

A verdadeira grandeza desta experiencia de aproximación ao mundo visual a través da fotografía para unha persoa que descoñece as linguaxes visuais, xorde no momento de compartir unha imaxe, un cego pode realizar unha fotografía polos seus propios medios, sentir a calor e orientación do sol, oír e percibir distancias, falar e escoitar o instante, tocar, buscar e situar, en definitiva meditar unha imaxe, un instante que pretenda construír e lembrade cos seus sentidos, recreando unha atmosfera persoal, o resultado final compártese e coméntase, non deixa de ser un traballo colaborativo onde un ofrece a súa obra e a súa experiencia persoal e a cambio outro responde prestando a súa visión e opinión, un intercambio que non queda tan só no papel fotográfico e convértese nunha obra que deixa de ser estritamente visual e penétrase na expresión oral, onde ademais de compartir e reflectir unha imaxe analízase e extrae a parte cognitiva e sensible do instante, queda patente a intención orixinal e debátese a experiencia e o resultado desde ángulos varios.

Un taller onde alumnos e mestres ofrecen e reciben, pois non se trata de instruír técnica nin teoría fotográfica, consiste principalmente en comunicación e percepción, algo que a forza un cego ten moi desenvolvido, mostrándonos coa súa experiencia outras posibilidades, diferentes formas de mirar, entender e sentir a linguaxe visual.

Iago Eireos

Galería

Video

Enlaces de interese

Accións incluídas neste programa