Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes

EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍAS CENTRÍPETAS

Pegada humana no territorio, simboloxía nas construcións relixiosas, riqueza do bosque autóctono, perda de fontes e currupias, traballo manual como identidade, valor do coñecemento vinculado aos oficios tradicionais… O Instituto de Estudos Ulloáns organiza unha exposición fotográfica que pon en diálogo diferentes olladas de mulleres vencelladas á Comarca da Ulloa sobre o seu territorio. As propostas fotográficas parten todas elas dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa devandita comarca. A exposición colectiva vai acompañada, ademais, de escritas que contextualizan cada unha das propostas no seu marco de referencia, procurando dar cabida á reflexión das autoras e dende as perspectivas social, histórica, pedagóxica e/ou territorial.

AS NOSAS FOTÓGRAFAS:

Bibliotecarias, mestras, gandeiras, estudantes, traballadoras do fogar, hostaleiras, muiñeiras, deseñadoras gráficas, fotógrafas, cantareiras, nais, fillas, veciñas… MULLERES

Dosinda Nélida Vilamea Diéguez

Mercedes Somoza López

Lúa Catuxa Aguete Naveira

Pilar Naveira González

Clara Blanco Taboada

Sara Coello Sánchez

Sandra Goded Millán

Antía Montes Coego

Teresa Batán Buján

Natalia Varela Cadahía

Gina Gisbert
Kika Ramil
Hilda García Cabanas
Ruth Julia López García
Silvia López Cabanas
María das Mercedes Grueso Valiño
Susana Varela Negro
Patricia Coucheiro González

COMISARIAS DA EXPOSICIÓN:

Susana Varela Negro
Patricia Coucheiro González

Visita inmersiva da Exposición

Buscar por:

  • Sala de exposicións da Deputación de Lugo

  • Gratuito

Características:

Solicita máis información
Solicita unha visita