II Xornadas Pacegas

 

Ábrese o prazo de inscrición para asistir ás II Xornadas Pacegas que co título ‘SoTERRAdas: a vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo’ terán lugar no Museo Pazo de Tor os días 18 e 19 de maio de 2022.

 

Os contidos dos museos tradicionais, mesmo os edificios que ocupan, representan, consciente ou inconscientemente, ámbitos de poder. O pasado dos edificios históricos que albergan os catro museos integrados na Rede Museística Provincial evocan ben algúns deses poderes.  A fortaleza defensiva, amparo de privilexios señoriais, que ocupa o Museo de San Paio de Narla, a acomodada vida pacega da nobreza rural galega que transmite o Museo Pazo de Tor, o poder da igrexa e das ordes relixiosas que simboliza o antigo cenobio franciscano e agora é Museo Provincial, e a vella escola construída pola filantropía indiana e actualmente Museo Provincial do Mar.

Os museos que ocupan estes vellos edificios, queirámolo ou non, reproducen, máis alá das funcións que lles son propias, modelos a imitar.

Rara vez se atopa nestes centros memoria dos estamentos sociais máis humildes. Non hai lugar para a historia nin para a capacidade creativa das clases subalternas. Mais, quizais xa vai sendo  hora de facérmonos esta pregunta: existirían eses poderes sen servidumes?

Nestas II Xornadas Pacegas baixo o título Soterradas: a vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo, conscientes desa eiva discursiva que arrastramos, tentamos pórlle voz a esa memoria oculta, esquecida  e silenciada.

O lema escollido polo ICOM para o DIM deste ano, “O poder dos museos”, provoca que reflexionemos sobre o concepto ‘poder’ desde os museos. O poder entendido como posibilidade de cambiar o que non nos gusta, como capacidade de revisar os camiños que transitamos para facer brotar desde debaixo da terra  a memoria máis humilde, sobre todo a delas, a das mulleres que sostiveron e sosteñen con ímprobo traballo e fatigas incontables os urdidos das tramas xerárquicas de todos os poderes.

Lugar: Museo Pazo de Tor

Inscriciónsconcertacionsrmp@gmail.com

16:00h.-Saída bus de Lugo

17:00h.-Recepción café e inauguración da vicepresidenta da Deputación Provincial, Maite Ferreiro.

Presentación e visita guiada a cargo da responsable do proxecto museolóxico e museográfico de xénero e igualdade, Encarna Lago: SoTERRAdas: a vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo, acompañada por Ángeles Rivada González.

17:40h.-Presentación de Proxectos “O Poder da creatividade e a innovación dos museos: 

1. ​RESIDENCIA POÉTICA. “ESCRITA NO REMOTO” Fundación Uxío Novoneyra&Museo Pazo de Tor (Rede Museística Provincial).

2. ​Imaxes Sacras Proxecto de Fotografía e transformación Social para a Comunidade.

3. ​Proxecto[DA] TERRA SEMENTE [DÁ] SEMENTE TERRA

4. ​Proxecto COIDADOS, VULNERABILIDADES E DEPENDECIAS: INTERVENCIÓNS ARTISTICAS NA RMPL.

18:00h.-Os traballos das criadas e dos criados na Galiza do Antigo Réxime, a cargo de Isidro Dubert.

19:00h.-Amas de cría e economías familiares en Galicia (1750-1900), a cargo de María Luisa Muñoz Abeledo.

+ info

Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos. Tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org

Xerencia da Rede Museística: Tfno.: 699 836 883 / xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org