Máscaras de Entroido

Obxectivos:

Aproveitando o patrimonio que contén o Museo Provincial de Lugo relacionado con esta festividade tan galega, faremos un percorrido por aquelas pezas que, aínda que non teñan relación directa co noso Entroido, si que nos fan recordalo. Deste xeito, aproveitaremos a colección de máscaras africanas para atoparlles un certo parecido coas máscaras do entroido ourensán, xa que moitas delas amítanse a pesares da distancia xeográfica. Como colofón realizaremos un taller no que a rapazada porá en práctica o explicado no roteiro co fin de que creen a súa propia máscara de entroido.

Participa:

Data: Domingo 27 de febreiro.
Horario: de 11:30 a 13:30 h.
Idades: De 7 a 12 anos.

Buscar por:

  • Domingo 27 de febreiro

  • Horario: de 11:30 a 13:30 h.

  • Museo Provincial de Lugo

Características:

Solicita máis información
Solicita unha visita

Outras actividades deste programa