Microrrelatos á deriva

As fotografías de Derivas, de Ignacio Castro “Nachok”, convértense en escenarios dos nosos propios relatos. Lecturas diversas en 280 caracteres capaces expandir os límites dos sentidos e de descubrir os infinitos rumbos do pensamento. Contamos coa participación da comunidade educativa e do alumnado dos IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, IES San Rosendo de Mondoñedo e IES Alfoz-Valadouro.

Con quen? Acción aberta, a través das RR.SS., pero dirixida prioritariamente para o alumnado de secundaria.
Con que? Relación e comunicación directa cos centros e o seu profesorado.
Como? Mantendo unha atención permanente e específica para cada situación ó longo de todo o proceso.
Por que? Que se quixo conseguir? Reforzar a relación entre o museo e a comunidade educativa e estimular o interés do alumnado facéndolle sentirse parte do cambio social, a través da linguaxe da arte.

Visita a exposición Derivas e descubre os microrrelatos aquí.

Buscar por:

  • Online

  • Gratuíto

  • Actividade realizada a través das RRSS e dispoñible na visita 3D á exposición Derivas

  • comunidadermpl@gmail.com

Características:

Solicita máis información
Solicita unha visita

Outras actividades deste programa