Seminario: A xestión independente das artes  visuais.

14 de maio, 15 de xuño, 17 de xuño, 21 de setembro

Organiza: Rede Museística Provincial de Lugo. Vicepresidencia Deputación Provincial de Lugo
Seminario que analiza  en profundidade metodoloxías e conceptos evolutivos na historia da arte recente e serve como ferramenta para profundizar na realidade local formando aos diferentes axentes inscritos no obradoiro. Este curso de formación especializada complementarase cunha conferencia pública aberta, ao inicio do mesmo, o 14 de maio.
Obxectivos:
Repaso da historia e metodoloxía de Alternativas.
Desenvolvemento de pautas de análise para a implementación de ferramentas para a capacitación de novos profesionais galegos.
Posta en coñecemento da evolución en Galicia en relación a outras comunidades e situacións internacionais.
Contidos:
Este módulo formativo en Galicia, xerado a partir da produción do libro “Alternativas. Políticas de lo independiente en las artes visuales”, é unha plataforma de capacitación para coñecer e afondar sobre a historia da evolución dos colectivos de artistas e espazos independentes a partir do sucedido no Estado español nos últimos corenta anos.
Introducirase ao grupo nas Metodoloxías para unha co-historia.
Os manuais de Historia da Arte e a Academia evidenciaban fundamentalmente fracturas con varios tipos de procedencias. As primeiras diríxense cara a propia desintegración dos seus parámetros elitistas e endogámicos e algunhas outras debido á erosión eficaz e persistente inducida polos colectivos activistas, sobre todo do ámbito feminista e queer. No Estado español, a historia dos primeiros espazos que comenzaron a entender a exhibición e difusión da expresión artística desde perspectivas independentes privadas, abertas ao experimental e á reflexión crítica, é aínda bastante descoñecida. Algúns deles nin tan sequera se estruturaron en orixe con esa vocación de visibilidade, trascendencia ou futuro. Agora algunhas institucións están empezando a recuperarlos, porén desde o proxecto Archivos Colectivos iniciado en 2010, precísanse implementar novas metodoloxías e estruturas de análise baseadas na propia xénese dos movemientos paralelos. Trátase de propiciar a transferencia de coñecementos a partir de ferramentas e metodoloxías acordes. Desta forma propoño unha reflexión para implementar tres novas situacións de construción historiográfica: desenvolver relatos desde a Co-historia horizontal que non xulga senón suxire, presentar as alternativas para as artes visuais desde análises rizomáticos e non binarios e entender os datos reais desde unha visión sistémica allea a teorías evolucionistas. Con todo, as historias da Arte escríbense e entrecrúzanse desde unha perspectiva horizontal autenticamente feminista e aberta.
Cronograma do curso e alumnado:
Dada a actual situación pandémica obsérvase a necesidade de iniciar o proxecto on line, establecendo tres fases entre os meses de maio, xuño e setembro.
Destinado a un grupo de 10-12 persoas, xestores, historiadores en xeral e profesionais do sector das Humanidades e das Belas Artes.
Baixo inscrición, enviando carta de interés para a selección previa.
Despois das sesións de xuño realizaranse titorías individuais
MAIO
1- Sesión de introdución: 14 de maio 2021
Conferencia aberta de 17:00 h. ás 18:00 h., a todos os públicos interesados.
Preguntas e conversatorio sobre o contexto, de 18:00 h. a 18:30 h.
Pausa: de 18:30 h. a 19:30 h.
Inicio do obradoiro: 19:30 h. a 21:30 h.
XUÑO
2- Sesión de afondamento e análise de metodoloxías para novas Historias da Arte. Martes 15, de 17:00 h. a 21:00 h.
3- Desenvolvemento dunhas novas. Cartografías das alternativas en Galicia.
Xoves 17, de 17:00 h. a 21:00 h.
SETEMBRO
4- Conclusións e avaliación do grupo de traballo.  21 de setembro.
Colaboran na difusión: DIDAC, CGAC, Fundación Seoane, Universidade de Vigo,  entre outros.
INSCRICIÓN: enviando carta de intencións expresando o interese en participar no grupo a: nkn.assistant@gmail.com
 #DIM2021 #redemuseisticaprovincial
#rmpl

Buscar por:

  • 14 Maio de 2021

  • 15 de xuño

  • 17 de xuño

  • 21 de setembro

  • Online

  • Gratuito

Características:

Recursos asociados a esta actividade

Outras actividades deste programa