Montaxe de comadres e compadres no Pazo de Tor

Obxectivos:

Os compadres e comadres do Val de Lemos, foron e seguen a ser a válvula de escape como o é en si o Entroido. Cultura popular, mais cultura no seu máximo estado expresada de moi diversas formas no noso país, cunha riqueza e complexidade difíciles de igualar.

MONTAXE DE COMADRES E COMPADRES NO PAZO DE TOR

  • Instalación de comadres (de dúas mulleres): muller rural galega fidalga de pazos /muller rural galega de labranza.
  • Instalación de comadre na solaina do Pazo.
  • Instalación de comadre na pranta baixa da solaina do Pazo.

XOVES DE COMADRES

María Paz de Tor. A muller rural galega de orixe fidalga, transformadora do Pazo, elemento privativo, como elemento de poder, de xurisdición, de control / Pazo convertido en elemento público, comunitario, participativo e con poder transformador.
As mulleres rurais. A muller rural galega de orixe labrega, transmisora de coñecemento, de afecto, de vida. Muller que sementa, que colleita, que alimenta. En definitiva, a muller como ser creador, transmisor e transformador.

Hai diferenzas entre estas dúas mulleres (muller labrega / muller pacega), pero o que as une é moito máis…
Data: Xoves 24 de febreiro.
Horario: Horario de visitas ao pazo.

XOVES DE COMPADRES

Os compadres? A saber… xa se sabe que isto do Entroido nunca é predecible ao completo, maniféstase con retranca e as galegas e galegos temos unha pouca. Veremos que pasa!
Data: Xoves 17 de febreiro.
Horario: Horario de visitas ao pazo.

Buscar por:

  • Xoves 17 e 24 de Febreiro.

  • Horario habitual de visitas.

  • Museo Pazo de Tor

Características:

Solicita máis información
Solicita unha visita

Outras actividades deste programa