Museo Provincial do Mar2020-11-04T11:13:42+00:00

Descripción del proyecto

Rede Museística Provincial de Lugo

Museo Provincial do Mar

O edificio que alberga o Museo Provincial do Mar naceu para ser escola de San Cibrao no ano 1931, por desexo de D. José Mª Montenegro e Dna. Manuela Goñi Maíste, matrimonio emigrante na Arxentina.

Partindo da colección de pezas recollidas polo mestre D. Francisco Rivera Casás e os seus alumnos, a Deputación de Lugo acorda crear un museo dedicado ao mundo mariño en 1969. Estivo xestionado pola Asociación de Veciños “Cruz da Venta” dende 1994 ata 2004, momento no que a Deputación Provincial, por medio do Museo Provincial de Lugo, tomou o relevo na dirección.

O Museo Provincial do Mar, primeiro museo do mar de Galicia de carácter público, está conectado coa identidade mariñeira da súa xente, polo que recolle a historia de pescadores e pescantinas, navegantes e cazadores de baleas, redeiras e carpinteiros de ribeira. Trátase dun museo que fala da vida da poboación costeira e da tremenda e fráxil biodiversidade do medio marítimo.

Dende 26 de xuño os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo estamos ao seu servizo. Nova normalidade, normas adaptadas, aforos limitados, sempre con CITA PREVIA. Coa súa colaboración todo será máis doado. Teña en conta as ‘Normas de concordia a prol da saúde colectiva”. Grazas!

Horario 
Martes a sábado:
Mañás de 11:00 a 14:00
Tardes de 17:00 a 20:00
Domingos e festivos:
Mañás de 11:00 a 14:00
Luns pechado

Solicita a túa cita previa
Normas de concordia a prol da saúde colectiva

Localización

Visitas inmersivas

“As visitas inmersivas aos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo permiten a persoas usuarias de todo o mundo acceder ás nosas coleccións sen importar o seu emprazamento físico.”

Están formuladas en clave de igualdade e inclusión e xorden como resposta á necesidade de achegarnos á comunidade adaptándonos ás distintas realidades da mesma.

“As persoas que non dispoñan de conexión a internet poderán poñerse en contacto coa Rede Museística, que lles facilitará os recursos necesarios para ter acceso a estas visitas.”

Fai click para desfrutar a visita

Convocatoria e comunicados

Ir a Arriba