Pazo de Tor2020-11-04T11:01:28+00:00

Descripción del proyecto

Rede Museística Provincial de Lugo

Pazo de Tor

As orixes do Pazo de Tor están ligadas á liñaxe dos Garza no século XIV, e a súa posesión mantívose en mans dos seus descendentes directos ata a súa derradeira propietaria, Dona María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga, que fixo doazón da propiedade á Deputación Provincial de Lugo.

O edificio foi construído no último tercio do século XVIII, dentro do estilo barroco, pero xa matizado por certo sentimento estético neoclásico visible na súa sobriedade, simetría e emprego das ordes clásicas. Abriu as súas portas como museo o 13 de xullo de 2006.

Dende 26 de xuño os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo estamos ao seu servizo. Nova normalidade, normas adaptadas, aforos limitados, sempre con CITA PREVIA. Coa súa colaboración todo será máis doado. Teña en conta as ‘Normas de concordia a prol da saúde colectiva”. Grazas!

Horario

De martes a domingo, visitas guiadas ás 11:00 h, 12:30 h, 16:30 h e 18:00 h.
Luns pechado

Solicita a túa cita previa
Normas de concordia a prol da saúde colectiva

Localización

Visitas inmersivas

“As visitas inmersivas aos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo permiten a persoas usuarias de todo o mundo acceder ás nosas coleccións sen importar o seu emprazamento físico.”

Están formuladas en clave de igualdade e inclusión e xorden como resposta á necesidade de achegarnos á comunidade adaptándonos ás distintas realidades da mesma.

“As persoas que non dispoñan de conexión a internet poderán poñerse en contacto coa Rede Museística, que lles facilitará os recursos necesarios para ter acceso a estas visitas.”

Fai click para desfrutar a visita

Convocatoria e comunicados

Ir a Arriba