NO NADAL… A MUSEAR!

O Nadal é unha época máxica onde a ilusión se mestura coa tradición, e por iso, un ano máis, desde a Rede Museística Provincial de Lugo ofertamos unha serie de actividades pensadas para xs máis cativxs, protagonistas destas festas.

A través de diferentes obradoiros aprenderemos como vivir estas datas buscando a esencia do Nadal en nós mesmos. Deste xeito, reflexionaremos sobre a importancia dos agasallos transformados en instantes, lembranzas, vivencias e soños, e poñeremos en valor a familia, as amizades… e por suposto ensinanzas como a solidariedade, humildade ou xenerosidade.

MUSEO PAZO DE TOR

A LUMINARIA EN TOR

Un obradoiro moi recorrente no Pazo de Tor porque entusiasma aos máis cativos, e máis por estas datas, cando a luz das candeas e quinqués gardan un significado moi especial, imposible sen as nosas amigas, as abellas, protagonistas deste Obradoiro. Achégate a descubrilo!

Data: 22 de decembro

Horario: 12:00h

Idades: Todas as idades

Lugar: Museo Pazo de Tor

AS POSTAIS, ULAS?

Hoxe, coas novas tecnoloxías, coa dixitalización, as veces, perversa da realidade física, mudou o xeito de nos relacionar e mesmo de transmitir afecto a parentes e seres queridos.

As postais de Nadal tiñan o noso selo, por aquilo que escribiamos no seu reverso. No Pazo de Tor iremos máis aló! Non só expresaremos o amor ou a nostalxia por algunha ausencia querida, tamén faremos a nosa propia postal coa técnica de gravado.

Data: xoves 23 de decembro Horario: 12:00h Idades: Todas as idades

Lugar: Museo Pazo de Tor

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA

A maxia dos ceos observarase nun escenario idílico como o Pazo de Tor.

Data: martes 28 de decembro

Horario: de 19:00h a 20:00h

Idades: Todas as idades

Lugar: Museo Pazo de Tor

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

XOGO DE RETOS: COMO NOS VESTIMOS!

Coñeceremos a vestimenta das diferentes épocas históricas realizando unha gymkana polas coleccións do museo. A través de distintos retos, xogos de pistas, mímica, etc… faremos un percorrido pola historia da moda desde a Prehistoria ata os nosos días. Data: 23 de decembro

Horario: de 17:00h a 19:00h

Idades: de 6 a 12 anos

Lugar: Museo Provincial de Lugo

NADAL SOSTIBLE

Aproveitando que estamos no Nadal, onde se fan excesos no consumo de todo tipo de recursos, queremos reflexionar cas crianzas que veñan a esta actividade empregando a Axenda 2030 de Obxectivos de Desenrolo Sostible (ODS). Para así, intentar concienciar en facer un Nadal máis sostible para todxs.

Data: 29 de decembro

Horario: de 17:00h a 19:30h

Idades: Todas as idades

Lugar: Museo Provincial de Lugo

AVENTURA ARQUEOLÓXICA NO MUSEO Este Nadal vén a divertirte ao museo. Axúdanos a resolver os enigmas que se agochan tras as pezas de arqueoloxía. Atoparás antigos tesouros, labirintos e instrumentos misteriosos que irás descubrindo mentres percorres as nosas salas ata completar este reto. Atréveste a vivir esta aventura?

Data: 3 de xaneiro

Horario: de 17:00h a 19:00h

Idades: De 6 a 12 anos

Lugar: Museo Provincial de Lugo

DESCUBRINDO O CEO LUCENSE

Estrelas brillarán no interior do Museo Provincial de Lugo.

Data: 4 de xaneiro

Horario: de 17:00h a 18:30h

Idades: Todas as idades

Lugar: Museo Provincial de Lugo

MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA

A tradición é parte da nosa identidade, e este Nadal imos seguir traballando para que o pasado estea máis presente ca nunca.

TEAS, TESOIRAS, IMAXINACIÓN…E ACCIÓN

Nestas datas imos poñer en valor a tradición do Nadal, elaborando o decorado do evento que vai ser o colofón dun fermoso ano, o PESEBRE VIVENTE.

Data: 11 de decembro

Idades: Todas as idades

Horario: De 12:00h a 14:00h

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

VOCEANDO ALEGRÍA

Fermosas e tradicionais panxoliñas soarán nos muros da Fortaleza San Paio de Narla, sendo un ensaio da actuación que vai ter lugar o 23 de decembro.

Data: 18 de decembro

Idades: Todas as idades

Horario: De 12:00h a 14:00h

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

PRESEBE VIVENTE

Representación en diferentes salas do noso museo do tradicional presebe, tendo como acto final a interpretación de panxoliñas.

Data: 23 de decembro

Idades: Todas as idades

Horario: De 16:00h a 18:00h

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

CANTOS DE SEREA

Actividade incluída no programa “Unha aventura de mar e estrelas” na que mergullarémonos na maxia dos mares e os ceos.

Data: 29 de decembro

Idades: Todas as idades

Horario: De 17:00h a 18:00h

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

CANTOS DE REIS

Cantos e sorrisos inundarán as rúas de Friol da man dxs nosxs pequeamigxs, encargados de recuperar unha tradición tan fermosa como os Cantos de Reis.

Data: 5 de xaneiro

Idades: Todas as idades

Horario: De 12:00h a 14:00h

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

Actividades previstas dentro de programas específicos da RMPL:

MULLERES RURAIS. MEMORIA E TERRA. RECOLECTORAS

Obradoiro a cargo da artista Ana Gesto performer, no cal realizaremos un proxecto de “foto-accións” baseado no retrato fotográfico das nosas protagonistas, acompañadas de eses obxectos que definen o representan a súa realidade.

Data: 9 de decembro

Aforo limitado/completo

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

MAÑÁ PODES SER TI

A saúde mental é un dereito necesario, e a arte e a creatividade levan consigo a capacidade de mellorar as nosas vidas, ao ser canles coas que expresar nosos pensamentos, sentimentos e vivencias. Por iso, a través destas xornadas, visibilizaremos e concienciaremos sobre a importancia da saúde mental como elemento clave na nosa calidade de vida.

Data: 17 de decembro

Aforo limitado /completo

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

MUSEO PROVINCIAL DO MAR

CAMIÑOS DE ESTRELAS

Desde fai séculos e séculos as estrelas marcaron os camiños a seguir polos viaxeiros de terra e mar.

Cada época do ano, cada parte do planeta ten ás súas estrelas específicas, e nos ímonos encargar de buscar as que brillan no noso pedazo de ceo.

Data: 29 de decembro.

Prazas: 10.

Horario: de 11:30 a 13:30 horas.

Lugar: Museo Provincial do Mar.

NOVO ANO, NOVO ALMANAQUE

Moitos foron os xeitos nos que a humanidade desde o principio dos días mediu o paso do tempo.

Investigar algún dos diversos almanaques que as diversas culturas usaron e usan será a nosa meta neste case derradeiro último día do ano.

Data: 30 de decembro.

Prazas: 10.

Horario: de 11:30 a 13:30 horas.

Lugar: Museo Provincial do Mar.

Actividades incluídas neste programa

Otros programas da comunidade educativa