O museo, relator de historias

Os museos son relatores de historias. Nesta proposta aberta, pretendemos utilizar unha metodoloxía activa de forma que sexa o alumnado o que constrúa o significado ante as pezas e obras de arte. Son experiencias nas que se pretende ensinar a ver e gozar da arte e coa arte a través dun discurso narrativo que se crea coas obras de arte. Con este diálogo, preténdese potenciar a observación e a reflexión sobre as pezas e estimular o diálogo sen medo a formar unha opinión crítica e persoal. Un diálogo que se combina con información sobre o artista ou o período histórico, necesario, para completar a visión da obra e contextualizala.

Outras actividades deste programa