O noso heroe volve á casa.

O neno de Friol que levou a primeira vacina ata América.

O noso heroe volve a casa. O neno de friol que levou a primeira vacina ata Ámerica. Proxecto i

Esta acción/programa forma parte de: Soterradas

Onde se desenvolve: Museo-Fortaleza San Paio de Narla |

Dende o 10/09/2022

Presencial

Camiñamos destapando novas historias soterradas. Neste caso o Museo Fortaleza San Paio de Narla incorpora aos seus contidos a memoria do neno Juan Antonio, natural de Xiá, concello de Friol, quen xunto cos seus compañeiros de expedición cara a América que tivo lugar a principios do século XIX foron “o máis vital elemento” na campaña para erradicar a varíola en todo o mundo. Proxecto comisariado por  Antonio López Mariño coa coordinación da xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago González.

O día 10 de septembro dende ás 17:30 realizaranse dous obradoiros que tratarán de axudar dar visibilidade aos relatos das clases populares máis humildes.

O legado dunha historia

Para familias. Debuxaremos en banda deseñada a historia dos 20 da varíola. Elaboraremos unha liña do tempo na que contextualizar aquela aventura.

Heroínas con pinceis

Para todos os públicos. Plasmaremos en láminas a aventura protagonizada por Juan Antonio, e a das compañeiras e compañeiros que a fixeron posible.

Descargue o Dossier do proxecto
Descargue pictogramas do proxecto

Galería

Tamén lle pode interesar

[Da] Terra Semente [Dá] Semente Terra

Residencias de co-creación artística coa comunidade e contorna rural. As residencias [Da][Dá] “Da terra semente, dá semente terra” están motivadas pola necesidade de crear un espazo de conversa, creación e recuperación.