Participa no proxecto “Proximidade Llunyana”
Obxectivos:
Dentro do programa sobre as Mulleres rurais da Rede Museística Provincial de Lugo estamos a levar a cabo o proxecto Mulleres rurais: Colleiteiras. Memoria e Terra, que ten como obxectivo a recuperación e posta en valor da memoria das mulleres rurais, memoria ligada estreitamente aos movementos migratorios do colectivo feminino que pretendemos darlle visibilidade grazas ao programa “Proximidade Llunyana”.
A fin de facer unha homenaxe ás a estas persoas invisibilizadas durante anos, buscamos a participación das mulleres da provincia de Lugo que marcharan a Cataluña durante o século XX, mulleres que queiran dar coñecer as súas historias de vida, xa sexa en primeira persoa ou a través de familiares, para o que é preciso que que acheguen documentación gráfica ou audiovisual.
Con este proxecto queremos rescatar un mundo esquecido, homenaxeando e poñendo nome a cada unha destas mulleres, contemplando o pasado e o presente para un mellor futuro que, unha vez máis, pasa polas mulleres, un dos principais motores de desenvolvemento rural.
Participa:
Toda persoa que queira participar neste proxecto debe remitir:
Debido as características deste proxecto, as aportacións persoais de cada participante serán susceptibles de ser empregadas para uso, información e divulgación nos medios de comunicación da Rede Museística Provincial de Lugo.
O prazo para participar neste proxecto é todo o mes de novembro
A Partir del 13 de Mayo
Museo Provincial de Lugo