A imaxe amosa a un grupo de nenos e neas que participa nunha actividade infantil no exterior dun dos museos da Rede. Xogas a tecer con cordas de cores unha rede na que elas e eles mesmos se enredan, usando como bases da rede os troncos de dous piñeiros. Fai sol e pola roupa que leva a cativada dene ser primavera


PARTICIPA

Na Rede Museística Provincial de Lugo traballamos dentro dun modelo de museoloxía social, no que todo o que se pensa, deseña e promove dende os catro o museos ten sempre ás persoas no centro. Buscamos afondar con elas, contigo, nas relacións entre territorio, patrimonio e comunidade.

Nesta sección da web atoparás as propostas que temos activas neste momento para diferentes públicos. Ningunha clasificación é un compartimento pechado: ti, por exemplo, podes ter múltiples intereses e formar parte de varios públicos.

Así que síntete libre para descubrir, gozar e participar de todo o que a Rede che ofrece neste momento!

No patio interior do Museo provincial, arredor dun enorme mosaico romano protexido no chan, desenvólvese unha actividade (semella que musical, aínda que non se distingue demasiado ben quen a imparte) para un numeroso grupo de persoas de edades diversas. Trátase dunha actividade para público infantil e familias

Infantil e familia

Na Rede Museística somos unha  gran familia e, como tal, temos a misión de coidar, ensinar, incentivar e contribuír ao crecemento interior de quen forma parte da nosa comunidade. Por esta razón, procuramos desenvolver proxectos e iniciativas destinadas aos máis pequenos e pequenas da casa, posto que son o futuro e o xerme do cambio que permitirá construír un mundo mellor.

Contamos co Club Pequeamigxs, que ofrece múltiples actividades destinadas a achegar a arte e o patrimonio á rapazada de xeito lúdico e interactivo.

Tamén se realizan obradoiros familiares, que teñen como obxectivo fortalecer e tecer lazos  entre as familias, incentivar o traballo en equipo, aprender escoitando ás persoas maiores e, en definitiva, contribuír a medrar xuntas e xuntos coñecendo a nosa historia, o noso patrimonio e as nosas raíces.

O último que a RMPL ofrece a Infantil e Familia

Club Pequeamigxs

Benvidos ao Club Pequeamigxs da Rede Museística Provincial de Lugo, enrédate con nós.
A imaxe recolle unha actuación musical na leira situada na parte posterior do pazo, xunto aos labirintos de pedra que antigamente eran o xogo dos señores e que apenas se ven ao fondo da imaxe. A herba está moi seca e a xente leva roupa lixeira, así que debe ser unha noite de verán. Para a actuación hai encendidas luces en tons azuis e verdes. Trátase dunha actividade na que participa maioritariamente xente moza

Mocidade

A mocidade é o camiño cara a madurez, unha etapa de grandes cambios e aprendizaxe persoal. Dende a Rede Museística queremos acompañar aos mozos e mozas nese proceso, proporcionándolles recursos para que sigan avanzando e descubrindo o mundo e o contexto no que viven.

O Club Ei! ofrece múltiples actividades que teñen como obxectivo achegar a arte, a historia e o patrimonio á xuventude; empregando medios que lle son de uso habitual como as novas tecnoloxías.

O último que a RMPL ofrece a Mocidade

  • Imaxe de reconexion no que se unha camara en primeiro plano e a dominica de muimenta nunha biblioteca

(RE)CONEXIÓN

(RE)CONEXIÓN é unha viaxe a través da provincia recadando historias de mulleres en risco inminente de ser esquecidas.
  • Collage de presentación do proxecto friol lembra no que se ve a torre de narla xunto con fotografias cedidas polo instituto de estudios ulloans

Friol lembra

Proxecto de recuperación da memoria colectiva de Friol a traves dunha app coa que facer unha ruta polo concello recuperando os testimonios das suas xentes
  • logo clube ei!

Clube ei!

Benvidos ao Clube ei! da Rede Museística Provincial de Lugo. Un clube dirixido a toda a mocidade que quere seguir formando, ou comezar a ser, parte activa da programación da Rede
A imaxe encina as mans de súas mulleres de idade avanzada, unha cunha chaqueta de lá negra e outra cunha chaqueta de lá sola. As dúas levan cadanseu anel de ouro. Sobre a mesa, tixeiras gafas de ler e fotografías antigas. Trátase dunha das actividades que a Rede programa especificamente para persoas maiores e nas que participan persoas que traballan sobre a súa propia memoria e vivencias

Maiores

Na Rede Museística queremos contar coa sabedoría e experiencia vital da nosa comunidade adulta. Por iso poderás atopar aquí obradoiros e proxectos dirixidos á poboación maior de 18 anos.

Ademais, as persoas maiores de 65 contan cun espazo propio, o Club Sénior, que ofrece iniciativas e recursos destinados a potenciar e poñer en valor a súa sabedoría. A poboación da provincia de Lugo conta cun 270,82 % de envellecemento e, alí onde outros queren ver unha provincia avellentada, nós vemos un territorio sabio, rico en experiencia e patrimonio inmaterial conservado na memoria dos veciños e veciñas de maior idade.

O último que a RMPL ofrece a Maoires

  • participantes obradoiro no museo do mar do club senior

Club Senior

Benvidos ao Club Senior da Rede Museística Provincial de Lugo. Enreda con nós nun amplo programa de actividades especialmente dirixidas a xente coma ti.
Actividade na que participa a comunidade edicativa, consistente nun obradoiro. vemos a persoas que recortan e escriben e outras que falan tomando un café. Algunhas levan máscara, así que sabemos que esta actividade tivo lugar na época post-pandemia, cando xa era posible realizar actividades presenciais, pero con moitas precaucións. Na imaxe vemos a unha ducia de persoas, maioritariamente mulleres, reunidas nunha estancia de pedra e madeira

Comunidade Educativa

A educación é unha función intrínseca aos museos, polo que desde a Rede Museística Provincial de Lugo consideramos fundamental tecer lazos cos centros educativos. Así pois, traballamos no deseño de actividades e inciciativas que nos permitan achegarnos tanto ao profesorado como ao alumnado, co fin de construír proxectos en común.

Neste espazo atoparás a nosa programación educativa, con propostas adaptadas ás diferentes idades e fundamentadas no currículo escolar. Ademais, a comunidade universitaria e investigadora conta tamén cun espazo propio dentro das iniciativas da Rede Museística, que leva anos ofrecendo prácticas académicas de Grao e Mestrado, atendendo ás solicitudes e consultas do persoal investigador e publicando artigos no Boletín da Rede.

O último que a RMPL ofrece a Comunidade Educativa

  • detalle da obra de julia minguillón a miña familia

Programa escolar sobre Igualdade de Xénero

Dentro do programa escolar da rede, temos unha serie de actividades e recursos específicos para traballar a igualdade de xénero dende ás coleccións de cada un dos museos.

Museo viaxeiro

Unha actividade novidosa que cambia as tornas da relación museo-visitante: nesta ocasión seremos nós quen visitemos os centros escolares
A imaxe amosa unha exposición celebrada no Museo Provincial de Lugo na que as artistas puxeron os seus saberes a disposición das mulleres que previamente participaran en varias actividades. Nuns casos, a memoria das participantes deu lugar a fotos, como as que se ven ao fondo da sala, e noutros as artistas facilitaron que as propias mulleres crearan. Na imaxe vemos a Encarna Lago, xerente da Rede, falando cunha ducia de artistas e creadoras que formaron parte da comunidade que participou nesta proposta

Comunidade Artística

A Rede Museística Provinicial de Lugo, no seu compromiso de traballar o fomento da innovación e a creatividade, puxo en marcha o Proxecto Abertal, que ten como finalidade impulsar as artes e a cultura como ferramenta integradora, implicando a comunidades artísticas e promovendo proxectos  de interese público con impacto na vida cotiá, contribuíndo na relación entre os habitantes coa contorna urbana e rural, a arquitectura, a paisaxe e os espazos públicos e privados.

Con este proxecto -a través do que se fixeron mais de 1200 exposicións- activamos a comunidade en forma de Rede Aberta Artistas Lugo (ABERTAL)  co obxecto de potenciar a cooperación cultural dende o concepto de apertura e intercomunicación. Conectar a artistas que, de maneira individual ou colectiva queiran desenvolver proxectos de exposición ou creación relacionadas con todas as disciplinas artísticas, con entidades que queiran participar na difusión e promoción dos proxectos.

É dicir, abrir as manifestación artísticas e creativas, así coma os espazos culturais, a novas experiencias e a novas usuarias. En definitiva, xerar oportunidades alternativas a artistas e espazos que buscan ampliar o seu campo de acción e adentrarse en novos territorios culturais, dentro dun ámbito xeográfico delimitado e con características identitarias singulares.

O último que a RMPL ofrece a Comunidade Artística

[Da] Terra Semente [Dá] Semente Terra

Residencias de co-creación artística coa comunidade e contorna rural. As residencias [Da][Dá] “Da terra semente, dá semente terra” están motivadas pola necesidade de crear un espazo de conversa, creación e recuperación.
Investigadores e profesionais de museos son outra das comunidades que participa nas propostas da Rede Museística: a Imaxe recolle unha xornada, ou unha xuntanza no marco dun congreso. Nela vemos a un numeroso grupo de persoas que consulta documentación mentres outra, sentada cunha mesa e un portatil, semella ser a relatora do encontro. Todas as persoas levan máscara e as sillas teñen unha ampla separación, polo que entendemos que se trata dunha actividade celebrada trala pandemia, pero coas restriccións todavía activas.

Profesionais de museo

e investigadoras

O Movemento Internacional para unha Nova Museoloxía (MINOM) e o Consello Internacional de Museos (ICOM) son a base das propostas que a Rede ofrece a profesionais do ámbito museístico. O obxectivo destas iniciativas é dar resposta ás necesidades dxas profesionais dos museos arredor de varias cuestións concretas, como poden ser a cooperación e prácticas a través de Ibermuseos e a divulgación dos conceptos básicos da museoloxía social.

Con carácter xeral, abordamos a formación do personal de museos, organizamos actividades a nivel nacional, estatal e internacional (congresos, programas, xornadas,…) e promovemos publicacións relacionadas con estas cuestións.

O último que a RMPL ofrece a Profesionais de museos e Investigadoras

  • xornadas de diersidade afectivo sexual

I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual

Esta xornadas nacen co obxectivo de crear un foro de referencia na cidade e Provincia de Lugo no eido da diversidade afectivo-sexual, dende as ópticas educativa, cultural, socio-sanitaria e xurídica

Todas as iniciativas actualmente activas na RMPL

  • Imaxe de reconexion no que se unha camara en primeiro plano e a dominica de muimenta nunha biblioteca

(RE)CONEXIÓN

(RE)CONEXIÓN é unha viaxe a través da provincia recadando historias de mulleres en risco inminente de ser esquecidas.

Trazando solidariedade

Con motivo do 15 aniversario da Rede Lucense de Voluntariado, a Rede Museística Provincial de Lugo, entidade de referencia dentro museoloxía social, realiza, xunto coa Rede Lucense de Voluntariado, este proxecto expositivo centrado no voluntariado co obxectivo de compartir a experiencia de traballo única no contexto galego
  • Obra que forma parte do proxecto Coidados, vulnerabilidades e dependencias na que saen duas máns en branco e negro cunha rede de araña unindoas

Coidados, vulnerabilidades e dependencias

Unha pioneira aproximación para dignificar as tarefas dos coidados que recolle as creacións de 9 artistas de diferentes procedencias cun abano de expresións plásticas: vídeo, fotografía, performance, debuxo, pintura, escultura e instalación sonora.
  • xornadas de diersidade afectivo sexual

I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual

Esta xornadas nacen co obxectivo de crear un foro de referencia na cidade e Provincia de Lugo no eido da diversidade afectivo-sexual, dende as ópticas educativa, cultural, socio-sanitaria e xurídica
  • detalle da obra de julia minguillón a miña familia

Programa escolar sobre Igualdade de Xénero

Dentro do programa escolar da rede, temos unha serie de actividades e recursos específicos para traballar a igualdade de xénero dende ás coleccións de cada un dos museos.

[Da] Terra Semente [Dá] Semente Terra

Residencias de co-creación artística coa comunidade e contorna rural. As residencias [Da][Dá] “Da terra semente, dá semente terra” están motivadas pola necesidade de crear un espazo de conversa, creación e recuperación.
  • Inauguración da terra a semente en soterradas

[Da] Terra Semente [Dá] Semente Terra

Exposición que xorde como froito das reflexións e os traballos das catro artistas que participaron nas residencias artísticas levadas a cabo no Pazo de Tor entre o 3 e o 13 de agosto.

Museo viaxeiro

Unha actividade novidosa que cambia as tornas da relación museo-visitante: nesta ocasión seremos nós quen visitemos os centros escolares

O noso heroe volve a casa

Recuperamos e visibilizamos a historia de Juan Antonio, o neno de Friol que levou a primeira vacina a América.
  • Muller cun mantelo que e a imaxe do programa de soterradas.

SoTERRAdas

O primeiro programa da Rede no que se cambia o discurso (a museoloxía) e a maneira de contalo (a museografía) a través de actividades. Descúbreo!
  • Visita guiada a sala de guarnicioneria do Pazo de Tor

Visitas guiadas

Unha posibilidade para coñecer de balde o teu patrimonio e a filosofía do Museo Provincial de Lugo da man das súas traballadoras.
  • fotografía que forma parte da expo de proximidade llunyana na que se ve un grupo de nenas en sepia.

Proximidade Llunyana.

Proximidade Llunyana é un proxecto pretende plasmar a dimensión espacial e temporal da emigración de Lugo a Barcelona no século XX.
  • Collage de presentación do proxecto friol lembra no que se ve a torre de narla xunto con fotografias cedidas polo instituto de estudios ulloans

Friol lembra

Proxecto de recuperación da memoria colectiva de Friol a traves dunha app coa que facer unha ruta polo concello recuperando os testimonios das suas xentes
  • logo clube ei!

Clube ei!

Benvidos ao Clube ei! da Rede Museística Provincial de Lugo. Un clube dirixido a toda a mocidade que quere seguir formando, ou comezar a ser, parte activa da programación da Rede

Club Pequeamigxs

Benvidos ao Club Pequeamigxs da Rede Museística Provincial de Lugo, enrédate con nós.
  • participantes obradoiro no museo do mar do club senior

Club Senior

Benvidos ao Club Senior da Rede Museística Provincial de Lugo. Enreda con nós nun amplo programa de actividades especialmente dirixidas a xente coma ti.