Os contidos dos museos tradicionais, mesmo os edificios que ocupan, representan, consciente ou inconscientemente, ámbitos de poder. O pasado dos edificios históricos que albergan os catro museos integrados na Rede Museística Provincial evocan ben algúns deses poderes. A fortaleza defensiva, amparo de privilexios señoriais, que ocupa o Museo de San Paio de Narla, a acomodada vida pacega da nobreza rural galega que transmite o Museo Pazo de Tor, o poder da igrexa e das ordes relixiosas que simboliza o antigo cenobio franciscano e agora é Museo Provincial, e a vella escola construída pola filantropía indiana e actualmente Museo Provincial do Mar.
Os museos que ocupan estes vellos edificios, queirámolo ou non, reproducen, máis alá das funcións que lles son propias, modelos a imitar. Rara vez se atopa nestes centros memoria dos estamentos sociais máis humildes. Non hai lugar para a historia nin para a capacidade creativa das clases subalternas. Mais, quizais xa vai sendo hora de facérmonos esta pregunta: existirían eses poderes sen servidumes? O lema escollido polo ICOM para o DIM deste ano, “O poder dos museos”, provoca que reflexionemos sobre o concepto ‘poder’ desde os museos. O poder entendido como posibilidade de cambiar o que non nos gusta, como capacidade de revisar os camiños que transitamos para facer brotar desde debaixo da terra a memoria máis humilde, sobre todo a delas, a
das mulleres que sostiveron e sosteñen con ímprobo traballo e fatigas incontables os urdidos das tramas xerárquicas de todos os poderes.

 

MUSEO PROVINCIAL DE  LUGO

EU EN TI, TI EN MIN
Obradoiros coa Asociación Raiolas (As. de pais, nais e persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) e Trastornos da Comunicación Social (TCS).
Datas: 9, 10, 11 e 13 de maio.
Lugar: Museo Provincial de Lugo.

O PODER DO MUSEO COMO FERRAMENTA DE TRANSFORMACIÓN SOCIAL
10:15h.-Recepción da vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, a
xerente da RMPL e da directora do Museo Provincial de Lugo

10,30h.- Presentación por parte de Encarna Lago de Proxectos de Museoloxía Social da RMPL aplicando os tres elementos da xustiza social: clase, procedencia e xénero aos representantes de Artability de Rumania, Lituania e Grecia.

11:00 Obradoiro CONCIENCIA COLECTIVA CREATIVA a cargo do artista Alberto Pena para usuariXs de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).
Data: 11 de maio.
Lugar: Museo Provincial de Lugo.

ITINERANCIAS – Mulleres Rurais
Participación da xerente da RMPL Encarna Lago González na mesa “Como implementar politicas culturales sostenibles para afrontar el despoblamiento en el medio rural. La importancia de los agentes culturales”.
13 de maio.
Lugar: Cantabria.

A HORA DE GALICIA
Recreación dun programa de radio desde a clandestinidade, facendo así unha homenaxe ao gran labor divulgativo que se fixo desde o exilio e tamén desde o propio país, adentándonos así na maxia da comunicación oculta. O programa de radio basearase na figura do autor homenaxeado este ano 2022 facendo difusión da súa obra máis reivindicativa.
Data: 14 de maio.
Horario: 11:00h a 13:00h.
Idade recomendada, a partir de 5 anos.
Lugar: Museo Provincial de Lugo.

O PODER DA LINGUA: Día das Letras Galegas
Confeccionaremos unha fortaleza de palabras na nosa lingua realizando unha muralla lingüística a través de elementos reciclables.
Data: 17 de maio.
Hora: 12:00h a 14:00h.
Todas as idades.
Lugar: Museo Provincial de Lugo.

CON MANDIL
Visita guiada con Lucía Dequidt
Data: 18 de maio.
Hora: 11:00h.
Todos os públicos.

“O Poder dos Museos e a súa capacidade transformadora, tecendo co terceiro sector”.
Presentación de Encarna Lago, xerente da RMPL, acompañada das 15 entidades proxectarase o documental SINTONÍAS: 15 ANOS DA REDE LUCENSE DE VOLUNTARIADO.
Data: 18 de maio.
Hora: 12:00h.
Todos os públicos.
Lugar: Museo Provincial de Lugo.

FORZA HEROICA: DIM2022
Traballando as emocións e recorrendo a nosa mente converteremos as nosas debilidades nas nosas fortalezas, ensinando a forza de cada un/unha de nós trasladada a comunidade museolóxica.
Deste xeito mostraremos a implicación dos nosos museos no eido social, esencial para consolidar a sociedade libre, democrática e culta citada anteriormente.
Data: 18 de maio.
Horario: 18:00h a 20:00h.
Todas as idades.
Lugar: Museo Provincial de Lugo.

XX XORNADAS PEDAGÓXICAS
O poder da educación nos museos

(Ver programa específico para o día 25 de maio de 2022).

EXPOSICIÓNS

Proximidade Llunyana
Lugar: Refectorio do MPLugo.
Somos 113+, de Evelín Ruíz Crego.
(ata o 30 de maio)
Lugar: Sala Multiusos do MPLugo.
Lugo Diversxs
Inauguración: 4 de maio.
Lugar: Sede COGAMI.
ConTornos 2021
(do 7 de abril ao 9 de maio).
Lugar: Sala Pazo de San Marcos.
Quique Guerra
Inauguración: 20 de maio (do 20 de maio ao 29 de xuño).
Lugar: Sala MPLugo.
Asociación de amigos do Camiño de Santiago
Inauguración: 30 de maio.
Lugar: Sala Pazo de San Marcos.

MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA

 

FOTOGRAFÍA A CEGAS, con Carmen Porteiro

V edición do proxecto Fotografía a Cegas impartido por Carmen Porteiro.

Data: 7 de maio.

Horario: 10:30 a 13:00h.

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla.

 

NOITE DOS MUSEOS: SoTERRAdas: a vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo.

Inauguración vicepresidenta e presentación explicación por Encarna Lago, responsable deste novo proxecto de xénero e igualdade cambiando o relato museolóxico e a museografía.

Data: 14 de maio.

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla.

 

A HORA DE GALICIA

Recreación dun programa de radio desde a clandestinidade, facendo así unha homenaxe ao gran labor divulgativo que se fixo desde o exilio e tamén desde o propio país, adentándonos así na maxia da comunicación oculta. O programa de radio basearase na figura do autor homenaxeado este ano 2022 facendo difusión da súa obra máis reivindicativa.

Data: 14 de maio.

Horario: 20:30h a 21:15h.

Idades recomendadas, a partir de 5 anos.

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla.

 

UNHA NOITE BAIXO AS ESTRELAS

Unha noite baixo as estrelas busca engadir á Noite dos Museos un toque estelar, divertido e científico ao Museo Fortaleza San Paio de Narla.

           -Obradoiro Planisferio

Breve introdución á observación astronómica do ceo galego.

Data: 14 de maio.

Horario: 21:15h a 22:30h.

Todas as idades.

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla.

          -Picnic

Data: 14 de maio.

Horario: 22:30h.

Todas as idades.

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla.

          -Observación Astronómica

Observación nocturna a ceo aberto onde poñeremos en práctica os coñecementos          adquiridos sobre a localización das constelacións mentres desfrutamos do ceo de maio en  Galicia.

Data: 14 de maio.

Horario: 23:00h a 00:00h.

Todas as idades.

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla.

 

TECENDO PONTES: Día das Letras Galegas

Homenaxeando a Florencio Delgado Gurriarán, poñeremos en valor palabras galegas de difícil tradución que van ser definidas noutras linguas e intercambiadas entre os catro museos, homenaxeando así a súa faceta como tradutor. Simbolicamente, cada unha das palabras escribirase nunha caixa de cartón e conxuntamente construiremos esa ponte de unión. Para exemplificar a actividade, partiremos de dúas palabras, SAUDADE e VIEIROS, presentes na obra de Delgado Gurriarán, sendo o título de dúas revistas creadas desde o exilio. Por outra parte, dicir que as palabras que buscamos definir serán aquelas que forman parte da identidade dialectal de cada zona, traballando así dous dos aspectos característicos da obra de este autor, a obra lírica de Valdeorras e a poesía crioula de admiración cara o país de acollida.

Data: 17 de maio.

Horario: 12:00h a 14:00h.

Todas as idades.

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

 

FORZA HEROICA: DIM2022

Traballando as emocións e recorrendo a nosa mente converteremos as nosas debilidades nas nosas fortalezas, ensinando a forza de cada un/unha de nós trasladada a comunidade museolóxica.

Deste xeito mostraremos a implicación dos nosos museos no eido social, esencial para consolidar a sociedade libre, democrática e culta citada anteriormente.

Data: 18 de maio

Horario: 18:00h a 20:00h

Todas as idades.

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

 

XX XORNADAS PEDAGÓXICAS

O poder da educación nos museos

(Ver programa  específico para o día 26 de maio 2022).

 

EXPOSICIÓNS

SoTERRAdas: a vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo

Inauguración: 14 de maio.

 

MUSEO PROVINCIAL DO MAR

MUSEOS PODEROSOS

Tomando como referente o lema do DIM 2022, imos realizar unha colaxe onde traballaremos e difundiremos o poder que teñen os museos para transformar aquilo que nos rodea.

Data: 29 de abril.

Horario: 17:00h a 18:30h.

Club Sénior

Lugar: Museo Provincial do Mar.

 

MUSEOS PODEROSOS

Tomando como referente o lema do DIM 2022, imos realizar unha colaxe onde traballaremos e difundiremos o poder que teñen os museos para transformar aquilo que nos rodea.

Data: 30 de abril.

Horario: 11:30h a 13:30h.

Club Pequeamigxs

Lugar: Museo Provincial do Mar.

 

MUSEOS PODEROSOS

Tomando como referente o lema do DIM 2022, imos realizar unha colaxe onde traballaremos e difundiremos o poder que teñen os museos para transformar aquilo que nos rodea.

Data: 10 de maio.

Horario: 17:00h a 18:30h.

Club Sénior

Lugar: Museo Provincial do Mar.

 

O PODER DA LINGUA

Confeccionaremos unha fortaleza de palabras na nosa lingua realizando unha muralla lingüística a través de elementos reciclables.

Data: 12 de maio.

Horario: 18:30h a 20:00h.

Asociación Camiña Burela.

Lugar: Museo Provincial do Mar.

 

O PODER DA LINGUA

Confeccionaremos unha fortaleza de palabras na nosa lingua realizando unha muralla lingüística a través de elementos reciclables.

Data: 14 de maio.

Horario: 11:30h a 13:30h.

Club Pequeamigxs

Lugar: Museo Provincial do Mar.

 

O PODER DA LINGUA

Confeccionaremos unha fortaleza de palabras na nosa lingua realizando unha muralla lingüística a través de elementos reciclables.

Data: 17 de maio.

Horario: Ao longo do día.

Para todas as idades.

Lugar: Museo Provincial do Mar.

 

MUSEOS PODEROSOS

Tomando como referente o lema do DIM 2022, imos realizar unha colaxe onde traballaremos e difundiremos o poder que teñen os museos para transformar aquilo que nos rodea.

Data: 18 de maio.

Horario: Ao longo do día.

Todas as idades.

Lugar: Museo Provincial do Mar.

 

XX XORNADAS PEDAGÓXICAS

O poder da educación nos museos

(Ver programa  específico para o día 2 de xuño de 2022).

 

MUSEO PAZO DE TOR

II Xornadas Pacegas : ‘SoTERRAdas: a vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo’

Nas II Xornadas Pacegas baixo o título Soterradas: a vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo tentamos pórlle voz á memoria oculta, esquecida  e silenciada.

 

Lugar: Museo Pazo de Tor

Inscriciónsconcertacionsrmp@gmail.com

PROGRAMA

Día: 18 de maio

16:00h.-Saída bus de Lugo

17:00h.-Recepción café e inauguración da vicepresidenta da Deputación Provincial, Maite Ferreiro.

Presentación e visita guiada a cargo da responsable do proxecto museolóxico e museográfico de xénero e igualdade, Encarna Lago: SoTERRAdas: a vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo, acompañada por Ángeles Rivada González.

17:40h.-Presentación de Proxectos “O Poder da creatividade e a innovación dos museos: 

1. ​RESIDENCIA POÉTICA. “ESCRITA NO REMOTO” Fundación Uxío Novoneyra&Museo Pazo de Tor (Rede Museística Provincial).

2. ​Imaxes Sacras Proxecto de Fotografía e transformación Social para a Comunidade.

3. ​Proxecto[DA] TERRA SEMENTE [DÁ] SEMENTE TERRA

4. ​Proxecto COIDADOS, VULNERABILIDADES E DEPENDECIAS: INTERVENCIÓNS ARTISTICAS NA RMPL.

18:00h.-Os traballos das criadas e dos criados na Galiza do Antigo Réxime, a cargo de Isidro Dubert.

19:00h.-Amas de cría e economías familiares en Galicia (1750-1900), a cargo de María Luisa Muñoz Abeledo.

 

Día: 19 de maio

16:00h.-Saída bus de Lugo

17:00.-Recepción e café

17:30 Desenterrando o pasado. Das servas dos castelos ás servas encasteladas, a cargo de Carolina Casal.

18.15.-Da deshonra á marxinación: vítimas de estupro na Galiza dos séculos XVI e XVII, a cargo de María Seijas Montero.

19:00 –422 anos despois. Unha orixe mítica para a Rede Museística, a cargo de Simón Vicente López.

XX XORNADAS PEDAGÓXICAS

O poder da educación nos museos

(Ver programa  específico para o día 1 de xuño de 2022).