Programa de Actividades de Verán 2021

A Musear:

Na Rede Museística Provincial de Lugo sabemos certamente que o noso maior valor son as persoas, ás que sempre poñemos no centro, ás que enredamos e deixamos que nos enreden, das que nos nutrimos e aspiramos a nutrir, as que fan de nós verdadeiros museos sociais.

Nestas datas de verán, de boas temperaturas e tempo libre e de lecer, queremos ofertar aos máis cativxs unha serie de obradoiros nos que poderán achegarse un pouco máis a coñecer os catro museos que conformamos a Rede Museística Provincial de Lugo que este ano está de 15 aniversario.

Ademais, no mes de agosto a Rede Museística acollerá unha programación para todos os públicos, protagonizada pola combinación dos proxectos “Arte Viva” e “Escolma Diversa”. Estas iniciativas, que nacen como ponte entre a Universidade (Máster en Servizos Culturais) e a nosa Institución, achegan aos museos novas formas de facer comunidade con actividades que tocan o folk, a astronomía, o cinema ou o drag. O seu obxectivo é aumentar a base social da Rede, chamando a novos públicos ao museo e dando voz a axentes culturais con olladas diversas para refrescar a Institución e resignificar estes espazos. 

Buscar por:

  • Verán 2021

  • Toda a Rede

Características:

PreInscripción

Actividades incluídas neste programa

Museo Provincial de Lugo
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Provincial do Mar
Pazo de Tor

Museo Provincial de Lugo

Pre-Inscripción

*Cubrindo este formulario NON quedas automáticamente inscrito, poñerémonos en contacto contigo para formalizar a inscripción.

CULTURAS COMPARTIDAS

Obradoiro de máscaras utilizando para a súa creación materiais de refugallo como botellas de plástico para a matriz, palla de centeo para o pelo ou la para os complementos, etc.
Datas: 5, 6, 7, 8, 9 de xullo 2021
Horario: 11:00 a 13:00h.
Prazas: 5.
Idades: de 8 a 14 anos.

PEQUENOS ARQUEÓLOGOS

Datas: 2, 3 e 4 de agosto Horario: de 11:30 a 13:00h.
Prazas: 5
Idades: 5, 6 e 7 anos

CAMPAMENTOS EN REDE: RECUPERAR E REIMAXINAR

Idades: de 8 a 12 anos. 1º e 3º quenda / de 4 a 7 anos 2º e 4ª quenda
Prazas: 8 para cada quenda.
Horario: de 18.00 a 20:00h.
Quendas:

  • 1º.-quenda: do 12 ao 16 de xullo.
  • 2º.-quenda: do 26 ao 30 de xullo.
  • 3º.-quenda: do 2 ao 6 de agosto.
  • 4º.-quenda: do 16 ao 20 de agosto.

ARTE VIVA E ESCOLMA DIVERSA

Crónica de desamor travesti. Marinita y sus maromas

Unha comedia de enredo e travestismo que trata o absurdo da nosa sociedade, con crítica ao amor romántico e á ficción encorsetada que nos venden nos medios de comunicación. Un xogo de roles de xénero pero, ante todo, unha historia que conseguirá que morras da risa. 

Data: 4 de agosto ás 19:00 h. Xardíns do Museo Provincial. 
Idades: Para mocidade e adultas. 

Mapeando a diversidade

Realizarase unha dinámica para Mapear a diversidade, é dicir, situar no tempo e no espazo acontecementos trascendentes para a comunidade LGBT+ galega, e poñer en valor aos seus protagonistas.

Data: 4 de agosto ás 17:00 h. e 13 de agosto ás 19:00 h. Claustro do Museo Provincial. 
Idades: Para mocidade e adultas. 

Ilustrando arcos da vella

A artista local Ana Senra guía este obradoiro LGTB+ de ilustración rápida. Esta técnica consiste en debuxar conceptos sinxelos en curtos espazos de tempo e analizar o que nos din as nosas propias creacións. Así exploraremos os conceptos de xénero, sexualidade e relacións. Non é preciso ter experiencia previa debuxando, xa que conta o que transmitimos, non a técnica.

Data: 13 de agosto ás 17:30 h.
Idades: Para mocidade e adultas. 

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Visita al Museo Fortaleza San Paio de Narla
Pre-Inscripción

*Cubrindo este formulario NON quedas automáticamente inscrito, poñerémonos en contacto contigo para formalizar a inscripción.

Un ano máis, a Rede Museística Provincial de Lugo, que está de 15º aniversario, quere estar ao voso carón durante o verán, axudando á conciliación das familias e aportando ás crianzas valores, ensinanzas e instantes máxicos a gardar no peto das lembranzas.

Aprender a ser, a coñecer, a facer e a vivir xuntxs, ese é o modelo educacional a seguir, un modelo que forma parte do ADN da Rede Museística Provincial de Lugo e deste museo, San Paio de Narla, modelo que imos manter implícito no desenvolvemento das actividades propostas para este verán.

Agardámosvos con ilusión para traballar conxuntamente para que este ano sexa un verán…ORIXINAL, recuperando onde vivimos e reimaxinando onde viviremos.

CONTACONTOS: VOUCHE CONTAR, con Ramiro Neira.

Presencia do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica no noso museo a través deste fermoso relato.

Data: 7 de xullo

Idades: Todas as idades

Horario: ás 18:00h

CAMPAMENTOS DE ARQUEOLOXÍA: Á MANEIRA DE “TADEO JONES”

O poderosos señor das Seixas está a construír o seu castelo. Acoden moitas xentes que comen, traballan e viven á sombra da torre. E para manter esa actividade necesitan de obxectos, ferramentas, útiles, animais, cabanas, mobles, lenzos….. que hoxe podemos recuperar a través da arqueoloxía e con iso recompoñer aqueles tempos. Imos pois, a escavar para recuperar, conservar, coñecer e gozar.

Datas:  8 e 9 de xullo

Idades: Todas as idades

Horario: De 11:00h a 14:00h

MERCANARLA, CULTIVANDO AS ORIXES

A Fortaleza San Paio de Narla volta ás orixes, xa que descubriremos o mundo medieval cos máis cativxs a través da creación e posterior inauguración dun mercado de época.

Ao longo de 10 sesións de 3 horas cada unha, exploraremos, viaxaremos, indagaremos, aprenderemos e divertirémonos no marco do medievo galego.

ONDAS TRANSMISORAS

Crearemos un podcast de radio que anuncie a celebración destas xornadas na Fortaleza San Paio de Narla, convertendo aos mozos e mozas de Friol en verdadeirxs locutorxs.

Data: 14 de xullo

Idades: Maiores de 10 anos

Horario: De 17:00 a 20:00

ANIMAIS MÁIS VIVOS CA NUNCA.

Achegarémonos aos animais domésticos da época a través das pezas do museo, redescubrindo así o rural galego de antano. Coa finalidade de deseñar un mercado medieval o máis real posible, imos confeccionar a través de materiais de refugallo os animais descubertos.

Data: 27 de xullo

Idades: Todas as idades

Horario: De 17:00 a 20:00

AROMAS MEDIEVAIS

Exploraremos o mundo dos olores, dos cheiros, e intentaremos trasladarnos a un mercado medieval polos seus aromas, visualizando os elementos de hixiene presentes no noso museo.

E para aromatizar a xornada, como non podía ser doutro xeito, imos confeccionar perfumes e xabóns con herbas e flores naturais.

Data: 28 de xullo

Idades: Todas as idades

Horario: De 17:00 a 20:00

A VIRTUDE DAS MANS

O mundo medieval nutríase da riqueza dos seus artesáns, tendo un papel fundamental xs ceramistxs e traballadorxs do coiro. Crearemos novas pezas cerámicas baseadas nas olerías de Gundivós e Bonxe e confeccionaremos abelorios e moedeiros representativos da esencia do medievo.

Data: 29 de xullo

Idades: Todas as idades

Horario: De 17:00 a 20:00

VOLTAMOS AO PASADO

Heráldica, estandartes e defensa únense neste obradoiro no que traballaremos este máxico mundo simbólico e realizaremos estandartes, bandeirolas e armas para a ambientación da feira medieval, sempre tendo como referencia o noso museo, San Paio de Narla.

Data: 30 de xullo

Idades: Todas as idades

Horario: De 17:00 a 20:00

TELEXORNARLA

Faremos noso o mundo da comunicación e as novas tecnoloxías producindo un telexornal que nos vai servir para dar a coñecer MERCANARLA, reflexionando sobre o impacto das redes sociais, usos e perigos.

Data:  4 de agosto

Idades: Maiores de 10 anos

Horario: De 17:00 a 20:00

DESEÑAS CON NÓS?

A confección de roupaxes era unha tarefa laboriosa, delicada e técnica, mentres que tinxir esas teas era unha verdadeira arte. A través de diferentes experimentos con produtos naturais imos tinxir teas para confeccionar un mostrario de cores obtidos de forma natural para logo empregar dunha forma orixinal a técnica tie-dye.

Data:  17 de agosto

Idades: Todas as idades

Horario: De 17:00 a 20:00

O SON DXS DEUSXS

A música e a danza forman parte do noso patrimonio inmaterial e o seu legado é vital para entender tempos pasados, por iso, imos preparar un baile para a velada da feira medieval.

Aproveitaremos a xornada para centrarnos nos adornos propios confeccionando unha coroa de flores ou cintos vexetais (a escoller por cada pequenx), preparándonos así para o gran día.

Data:  18 de agosto

Idades: Todas as idades

Horario: De 17:00 a 20:00

SAL E AZUCRE

Salgadura, encurtido, marmeladas… estudaremos o mundo da conservación de alimentos a través de diferentes procesos de curación e elaboración de produtos, facendo fincapé nos procesos naturais e químicos de conservación antes da chegada da tecnoloxía.

Data:  19 de agosto

Idades: Todas as idades

Horario: De 17:00 a 20:00

FESTA RACHADA!

Quen non ten ganas dunha boa FESTA? Que mellor ocasión que gozando dun mercado medieval ambientado, decorado e confeccionado con agarimo, ilusión e coñecemento polxs nosxs cativxs. Esperámosvos a todxs!

Data:  20 de agosto

Idades: Todas as idades

Horario: De 17:00 a 20:00

OBRADOIRO ARTÍSTICO: MOSAICOS HERÁLDICOS, con Mariana Roura

Nesta actividade preténdese crear un mosaico heráldico, traballando en equipo e desenvolvendo a creatividade de cadaquén mesturada co estudo desta disciplina enfocada a San Paio.

Datas:  10, 11 e 12 de agosto

Idades: Todas as idades

Horario: De 17:00 a 20:00

Aforo limitado

MODALIDADE ONLINE: CREATIVIDADE AUTÓCTONA

Deseño do cartel principal de MERCANARLA onde debe aparecer: ubicación (Fortaleza San Paio de Narla), data (20 de agosto de 2021), e o título principal, MERCANARLA. Explorade o voso enxeño e creatividade…e a sorprender!

Os carteis recibidos serán levados a concurso e escollerase un gañador a través dunha votación nas redes sociais, para converterse na imaxe promocional do evento.

Datas:  Ata o 30 de xullo

Idades: Todas as idades

Modalidade online

ARTE VIVA E ESCOLMA DIVERSA

Aventura no museo

Grandes historias literarias cobrarán vida no Museo-Fortaleza San Paio de Narla. Unha aventura para a infancia—e a familia que queira acompañala—na que as crianzas seguirán un xogo de pistas para atopar o botín dunha inxeniosa ladrona de guante branco e un antigo pirata galego.

Data: 6 de agosto

Idades: Para público infantil

Horario: Ás 17:00

Museo Provincial do Mar

Pre-Inscripción

*Cubrindo este formulario NON quedas automáticamente inscrito, poñerémonos en contacto contigo para formalizar a inscripción.

Na Rede Museística Provincial de Lugo sabemos certamente que o noso maior valor son as persoas, ás que sempre poñemos no centro, ás que enredamos e deixamos que nos enreden, das que nos nutrimos e aspiramos a nutrir, as que fan de nós verdadeiros museos sociais.

Nestas datas de verán, de boas temperaturas e tempo libre e de lecer, queremos ofertar aos máis cativxs unha serie de obradoiros nos que poderán achegarse un pouco máis a coñecer os catro museos que conformamos a Rede Museística Provincial de Lugo que este ano está de 15º aniversario, así como o patrimonio cultural e as tradicións desta parte da provincia de Lugo que é a Mariña Lucense.

Os nosos obradoiros están dirixidos a nenxs de 4 a 14 anos, cun límite de prazas de 10 nenxs. Levaranse a cabo os mércores de 11:30 a 13:30 no propio museo.

No caso de que a demanda superase o aforo, faríamos outra edición dos obradoiros os xoves.

ENRÉDATE NA REDE

A Rede Museística Provincial de Lugo está de 15º aniversario e imos celebralo enredando e enredándonos co Museo Provincial do Mar.

Anímate e ser outrx enredadx máis..

Data: 7 de xullo.

Prazas: 10.

Idades: de 4 a 14 anos.

DE MUSEO A MUSEO

Canto sabes da Rede Museística e de cada un dos catro museos que a conforman?

Mergúllate con nós na aventura de viaxar de museo a museo.

Data: 14 xullo.

Prazas: 10.

Idades: de 4 a 14 anos.

A ARTE DE ANOAR

Para que servían os nós nos barcos? De que material se facían os cabos cos que logo se elaboraban os nós? Cantos tipos de nós coñeces?

Trataremos de contestar a todas estas preguntas ao tempo que facemos uns cantos auténticos nós mariñeiros.

Data: 21 de xullo.

Prazas: 10.

Idades: de 4 a 14 anos.

BRIGADA SALVAMAR 

O ODS nº 14 aconséllanos coidar da vida submarina para deste xeito lograr un planeta máis sostible e unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Cales están a ser as consecuencias dos nosos malos hábitos? Que podemos facer para cambialos? Imos traballar en conxunto para acadar algunha resposta.

Data: 28 xullo.

Prazas: 10.

Idades: de 4 a 14 anos.

E TI QUE ES, PIRATA OU CORSARIX?

Cal é a diferencia entre pirata e corsarix? En que mares facían das súas? Era unha ocupación só de homes? De seguro que se te achegas ao noso obradoiro levarás unha grande sorpresa.

Data: 4 agosto.

Prazas: 10.

Idades: de 4 a 14 anos.

MARIÑAS, MAROSAS E MARUXAINAS

Sabes quen é Maruxaina? Coñeces a súa lenda? Imos botar a nosa rede na procura das máis creativas Maruxainas xamais imaxinadas.

Data: 11 de agosto.

Prazas: 10.

Idades: de 4 a 14 anos.

Á PROCURA DO TESOURO

Algo habitual na comunidade pirata era agochar en ocultos lugares parte dos tesouros que conseguían nas súas abordaxes. Atopar eses tesouros non era unha cuestión doada.

Eran moitos os misterios a resolver e as probas a superar.

Como no Museo Provincial do Mar temos un espírito moi pirata, tamén temos agochados algúns tesouros. Serás quen de atopalos?

Data: 18 de agosto.

Prazas: 10.

Idades: de 4 a 14 anos.

RECUPERAR ONDE VIVÍAMOS, REIMAXINAR ONDE VIVIREMOS.

Saber como son as paisaxes e os espazos nos que hoxe vivimos é unha tarefa moi sinxela. Saber como eran esas paisaxes e espazos no pasado require dunha labor de investigación. Saber como serán esas paisaxes e espazos no futuro precisa dunha labor de imaxinación e creatividade.

Anímaste a imaxinar e crear?

Data: 25 de agosto.

Prazas: 10.

Idades: de 4 a 14 anos.

ARTE VIVA E ESCOLMA DIVERSA

Coñecendo as estrelas

AstroXabi, o novo divulgador científico, presenta neste obradoiro de iniciación á astronomía as constelacións e os diferentes corpos do universo que ao longo do ano podemos gozar no ceo galego. Ensinará como elaborar un planisferio e todas as ferramentas necesarias para dar os primeiros pasos na arte de observar o Universo.

Data: 21 de agosto ás 17:00 h.

Idades: Persoas da Terceira idade.

Pazo de Tor

Pazo de Tor
Pre-Inscripción

*Cubrindo este formulario NON quedas automáticamente inscrito, poñerémonos en contacto contigo para formalizar a inscripción.

Na Rede Museística Provincial de Lugo sabemos certamente que o noso maior valor son as persoas, ás que sempre poñemos no centro, ás que enredamos e deixamos que nos enreden, das que nos nutrimos e aspiramos a nutrir, as que fan de nós verdadeiros museos sociais.

Nestas datas de verán, de boas temperaturas e tempo libre e de lecer, queremos ofertar aos máis cativxs unha serie de obradoiros nos que poderán achegarse un pouco máis a coñecer os catro museos que conformamos a Rede Museística Provincial de Lugo que este ano está de 15º aniversario.

OBRADOIROS

Un día de labores nun pazo

A horta. Aprenderemos a preparar a terra dunha hortiña e a cultivar tomates, por exemplo.

Data: 09 de xullo

Prazas: 10

Idades: Sen límite

Horario: de 11:30h a 12:30h

Actividade do gravado (estampación)

Iniciarémonos no gravado, poñeremos a proba a nosa destreza técnica e artística; será unha mañá para experimentar. Indagaremos máis polo miúdo nas coleccións de gravados que o Museo Pazo de Tor alberga, sendo variadas as técnicas e con exemplos excepcionais.

Data: 16 de xullo

Prazas: 10

Idades: de 4 a 14 anos

Horario: de 11:30h a 13:00h.

Cousas de antes

“Conversas a carón dos fornos, da artesa, dos xugos, da forxa…”
Percorreremos os anexos do pazo, e a carón da forxa, dos fornos, da sala de gornicións e dos xugos, teredes ocasión de falar e compartir con nós, cos vosos fillos e fillas, cos vosos netos e netas… as vosas lembranzas, experiencias e vivenzas, explicar aquelas formas de vida e de traballo da terra.
Que o teu neto non sabe o que é unha artesa para o pan, pois tedes a oportunidade de explicarllo en vivo xunto a pezas reais, pezas hoxe en día de museo pero que forman parte da nosa historia, do noso patrimonio e da nosa comunidade. Apetéceche darlle voz a esas pezas?

Prazas: 10

Idades: sen límite

Horario: 11:00-12:30

II TORNEO XADREZ PAZO DE TOR

Data: 31 de Xullo

Horario: De 16:30 a 19:45 h. aproximadamente.

1ª Rolda: 16:40 h.

2ª Rolda: 17:15 h.

3ª Rolda: 17:50 h.

4ª Rolda: 18:25 h.

5ª Rolda: 19:00 h.

Entrega de Trofeos: 19:30 h.

Contacto: Asociación Galega de Axedrecistas 981 150 168 / 608 084 705

CONCERTO FOLK CÉLTICO DE GALIZA: Grupo TOR

Data: 17 de xullo, ás 19:30 h.

ARTE VIVA E ESCOLMA DIVERSA

Miradas á gran pantalla

A actriz galega Ana Ribet presenta esta dinámica charla-obradoiro sobre cinema feminista. Nela falará do trato recibido das personaxes femeninas, facendo un percorrido pola historia do audiovisual, dende os grandes clásicos ata as películas e series máis actuais. A seguir, un obradoiro de escritura creativa onde compartirá ferramentas para escribir unha historia con perspectiva de xénero e identificar a presencia —ou ausencia —da mesma na séptima arte.

Datas: 14 de agosto. 

Idades: Mocidade e adultas.

Horario: Ás 17:30 h.