Programa de Actividades de Verán 2022

Actividades incluídas neste programa

Museo Provincial de Lugo
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Provincial do Mar
Pazo de Tor

Museo Provincial de Lugo

Pre-Inscripción

*Cubrindo este formulario NON quedas automáticamente inscrito, poñerémonos en contacto contigo para formalizar a inscripción.

VISITAS GUIADAS GRATUITAS

Visitas guiadas gratuitas dunha hora de duración.

Datas: Todos os días.

Horario: 12:00; 16:30; 18:30 h.

TAPAS DE CULTURA GRATUITAS

Visitas presenciais de curta duración ás principais salas. Durante 15-20 minutos cada día, iremos compartindo as historias, os segredos e os pormenores das pezas que conforman as nosas coleccións.

Datas: Todos os días.

Horario: 11:00; 17:00; 19:00 h.

FESTIVAL INFANTIL NO XARDÍN CO ALUMNADO DE HEIKO

Datas: 22 de xuño.

Horario: de 16:30 a 20:00 h.

ARTABILITY+: ARTE PARA TODXS. 

Evento multiplicador.

Datas: 1 de xullo.

Horario: 11:00 h 

OBRADOIRO DE TECNOLOXÍA COA COMUNIDADE UNIVERSITARIA USC
Datas: 5 de xullo.
Horario: 10:30 a 13:30 h.

CAMPAMENTO: “PON UN MUSEO DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL NA TÚA VIDA”

Coñeceremos varios museos da Rede realizando visitas e obradoiros en cada ún deles. O día 5 de xullo coñeceremos o Museo Provincial de Lugo, o 6 de xullo San Paio de Narla, o día 7 de xullo o Pazo de Tor e o 28 de xullo o Museo Provincial do Mar.

Datas: 5, 7, 8 e 28 de xullo.

Horario: de 9:30 a 15:30.

Idades: 4 a 12 anos.

Prazas: 10.

CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA

Volven os campamentos de arqueoloxía impartidos polo responsable de arqueoloxía do Museo Provincial, Enrique Alcorta.

Datas: 8 e 9 de xullo.

Idades: 8 a 12 anos.

Prazas: 10

DE VIAXE POLA REDE

Visitaremos o Museo Provincial do Mar dende Lugo.

Datas: 25 de agosto.

Horario: 8:30 a 19:00 h.

Prazas: 10 prazas acompañadxs dun familiar.

A PAISAXE EN MIN E NX OUTRX

Obradoiros co artista Alberto Pena.

Datas: 9,10 e 11 de agosto.

Horario: De 10:30 a 13:00 h.

Idades: 6 a 14 anos.

Prazas: 10.

(RE) CONEXIÓN

Deixando de lado os obradoiros máis técnicos e usando así as xornadas para levar a cabo a gravación audiovisual, sendo esta a escusa para a reconexión interxeracional, que é o propósito esencial deste proxecto.

Co material gravado, 6-8 historias de bibliotecas vivas ao longo da provincia, montarase unha peza final de 12-15 minutos que será o que se proxectará nalgunha estancia da Rede Museística.

Datas: 28 e 29 de xullo.

Horario: 10:30 a 13:30.

Idades: 8 a 12 anos.

Prazas: 6.

AMADRIÑANDO Á REDE: o compromiso de nacer cun museo baixo o brazo.

DATAS: A partir do 1 de agosto.

PROGRAMA ONDE NACEN ÁS HISTORIAS.

Trátase dunha programación multiartistica para a infancia e a adolescencia, composta por 5 xornadas con múltiples obradoiros de diferentes disciplinas artísticas e artistas locais, integrando todas as artes dun xeito tranversal cunha perspectiva feminista, multicultural, LGTB+ e inclusiva.

Historia en imaxes

Imaxinación á mesa

O legado das palabra

Redes de escritura

A maxia das raíces

Teatro para todes

Un fogar para todes

Lendas da Terra

Datas: 16,17,18,19 e 20 de agosto.

Horario: De 11:00 a 14:00 h.

Prazas: 20.

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Visita al Museo Fortaleza San Paio de Narla
Pre-Inscripción

*Cubrindo este formulario NON quedas automáticamente inscrito, poñerémonos en contacto contigo para formalizar a inscripción.

A REDE POLO MUNDO

Os museos da Rede Museística foron recibindo numerosas doazóns ao longo de todos estes anos. De feito, a colección de etnografía que pode verse no Museo Fortaleza San Paio de Narla está conformada na súa inmensa maioría por doazóns que desinteresadamente fixeron persoas que viaxaron arredor do mundo. Isto supón que a día de hoxe atopemos pezas procedentes de numerosos países.

Aproveitando este contexto multicultural deseñamos un atractivo programa de verán grazas ao cal descubriremos diferentes tradicións e costumes.

Viaxaremos polo mundo compartindo e aprendendo entre todxs. Cada día estará dedicado a unha zona concreta para coñecer así as distintas comidas, linguas, músicas, bailes e roupaxes que podemos atopar nos diferentes continentes a través de obradoiros específicos. Comprobaremos de primeira man como a diversidade é unha gran fonte de riqueza.

  • ASIA

Descrición: dentro da cultura oriental centrarémonos en Filipinas e Xapón.

Data: 12 de xullo.

Hora: de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades.

  •  AMÉRICA (1ª PARTE)

Descrición: coñeceremos en profundidade México, Arxentina e Venezuela, países vinculados coa Galicia migrante.

Data: 13 de xullo.

Hora: de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades.

  • EUROPA

Descrición: Alemaña e Francia serán os protagonistas desta xornada.

Data: 14 de xullo.

Hora: de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades.

  • GALICIA

Descrición :para apreciar as outras culturas primeiro hai que comprender e amar a nosa propia. Aproveitando a proximidade co Día de Galicia dedicamos esta xornada á nosa terra.

Data: 15 de xullo.

Hora :de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades.

  • ÁFRICA

Descrición : África é un continente rico en costumes e tradicións, pero tamén un dos máis descoñecidos. Centrarémonos en Marrocos e nalgún outro país do centro vinculado ás pezas que podemos atopar nos museos da Rede .

Data: 16 de agosto.

Hora: de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades.

  • AMÉRICA (2ª PARTE)

Descrición: coñeceremos en profundidade Cuba e As Antillas, pola súa proximidade con Galicia grazas á tradición migrante.

Data: 17 de agosto.

Hora: de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades. 

DECORACIÓN

Aproveitaremos esta xornada para deseñar e elaborar a decoración da festa final.

Data: 18 de agosto

Hora: de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades.

FESTA MUTICULTURAL

Celebraremos a diversidade e mostraremos todo o realizado nas xornadas anteriores para que todas aquelas persoas que queiran achegarse poidan aprender tamén sobre as outras culturas.

Data: 19 de agosto.

Hora: de 16h a 19 h.

(RE) CONEXIÓN

Deixando de lado os obradoiros máis técnicos e usando así as xornadas para levar a cabo a gravación audiovisual, sendo esta a escusa para a reconexión interxeracional, que é o propósito esencial deste proxecto.

Co material gravado, 6-8 historias de bibliotecas vivas ao longo da provincia, montaríase unha peza final de 12-15 minutos que sería o que se proxectaría nalgunha estancia da Rede Museística.

Datas: 26 e 27 de xullo.

Horario: 16:00 a 20:00

Idades: 8 a 12 anos.

Prazas: 6

AMADRIÑANDO Á REDE: o compromiso de nacer cun museo baixo do brazo

Datas: a partir do 1 de agosto

PROGRAMA ONDE NACEN ÁS HISTORIAS.

Trátase dunha programación multiartistica para a infancia e a adolescencia, composta por 5 xornadas con múltiples obradoiros de diferentes disciplinas artísticas e artistas locais, integrando todas as artes dun xeito tranversal cunha perspectiva feminista, multicultural, LGTB+ e inclusiva.

Historia en imaxes

Imaxinación á mesa

O legado das palabra

Redes de escritura

A maxia das raíces

Teatro para todes

Un fogar para todes

Lendas da Terra

Datas: do 9 ao 13 de agosto.

Prazas: 20.

Museo Provincial do Mar

Pre-Inscripción

*Cubrindo este formulario NON quedas automáticamente inscrito, poñerémonos en contacto contigo para formalizar a inscripción.

No Museo do Mar imos largar a nosa Rede para recollela chea de tradicións e cultura mariñeira, de sostibilidade e coidado do medio mariño, de coñecementos da diversidade que os nosos océanos agochan, de vivencias e experiencias xuntxs, e de moita diversión.

Anímate e déixate atrapar pola rede do Mar.

ANOAR

Para amarrar o barco, para unir dous cabos, para levantar cargas ou izar a unha persoa que caeu á auga precisamos saber facer nós, así que mansa os cabos e a anoar.

Datas: 13 e 14 de xullo.

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: 4 a 14 anos.

Prazas: 10.

XORNADA DE PESCA SOSTIBLE

A pesca é dende fai séculos unha das máis importantes actividades económicas da humanidade.

Pero os recursos do mar non son infinitos é a nosa obriga salvagardalos, promovendo unha pesca sostible, utilizando as artes de pesca menos agresivas co medio mariño e respetando as vedas.

Datas: 20 e 21 de sullo.

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: 4 a 14 anos.

Prazas: 10.

DIVERSIDADE MARIÑA

As augas dos nosos océanos poden ser tropicáis, temperás, xeadas, … e nelas viven cetáceos, crustáceos, peixes, moluscos, equinodermos, esponxas, algas, corais, …

Sodes quen de imaxinar maior diversidade?. Imos averiguar onde e con quen convive cada quen.

Datas: 27 e 28 de xullo.

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: 4 a 14 anos.

Prazas: 10.

AMADRIÑANDO Á REDE: o compromiso de nacer cun museo baixo o brazo.

DATAS: A partir do 1 de agosto.

BRIGADA SALVAMAR 

O ODS nº 14 aconséllanos coidar da vida submarina para deste xeito lograr un planeta máis sostible e unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Cales están a ser as consecuencias dos nosos malos hábitos? Que podemos facer para cambialos? Imos traballar en conxunto para acadar algunha resposta.

Data: 28 xullo.

Prazas: 10.

Idades: de 4 a 14 anos.

FACEDORXS DE BARCOS

Que madeiras se usaban na construcción dos barcos?. Cales son as partes máis importantes dun barco?. Todos os paus teñen o mismo nome?. Son todas as velas iguáis?

Por un anaco convertirémonos en carpinterxs de ribeira para que esa fonda tradición mariñeira e mariñá non caia no esquecemento.

Datas: 3 e 4 de agosto.

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: 4 a 14 anos.

Prazas: 10.

A LENDA DE MARUXAINA

Sabedes quen é Maruxaina?. Sabedes onde vive e a que se adica?. A ver si somos quen de quitarvos de todas esas dúbidas.

Datas: 10 e 11 de agosto.

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: 4 a 14 anos.

Prazas: 10.

ARTE CON LIXO MARIÑO

Logo de adicarnos a recoller os restos que o mar deposita nas praias e tamén o lixo que alí deixamos abandoado, reconvertirémolo en arte que nos servirá para concienciar da importancia de conservar o mar e de reciclar o lixo que nel tiramos.

Datas: 17 e 18 de agosto.

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: 4 a 14 anos.

Prazas: 10.

ATA O ANO VERÁN

No último obradoiro deste verán 2022, faremos unha especial cápsula do tempo na que recolleremos algunas das nosas lembranzas destas datas e que gardaremos para que as nosas vivencias e experiencias non caian no esquecemento.

Datan: 24 e 25 de agosto.

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Idades: 4 a 14 anos.

Prazas: 10.

PROGRAMA ONDE NACEN ÁS HISTORIAS.

Trátase dunha programación multiartistica para a infancia e a adolescencia, composta por 5 xornadas con múltiples obradoiros de diferentes disciplinas artísticas e artistas locais, integrando todas as artes dun xeito tranversal cunha perspectiva feminista, multicultural, LGTB+ e inclusiva.

Historia en imaxes

Imaxinación á mesa

O legado das palabra

Redes de escritura

A maxia das raíces

Teatro para todes

Un fogar para todes

Lendas da Terra

Datas: do 26 ao 30 de xullo.

Horario: De 11:00 a 14:00 h.

Prazas: 20.

(RE) CONEXIÓN 

Deixando de lado os obradoiros máis técnicos e usando así as xornadas para levar a cabo a gravación audiovisual, sendo esta a escusa para a reconexión interxeracional, que é o propósito esencial deste proxecto.

Co material gravado, 6-8 historias de bibliotecas vivas ao longo da provincia, montaríase unha peza final de 12-15 minutos que sería o que se proxectaría nalgunha estancia da Rede Museística.

Datas: 2 e 5 de agosto.

Horario: 10:30 a 14:30

Idades: 8-12 anos.

Prazas: 6

Parladoiros cos e coas benefactoras dos Museos: Jose de Cora Paradelo

Pazo de Tor

Pazo de Tor
Pre-Inscripción

*Cubrindo este formulario NON quedas automáticamente inscrito, poñerémonos en contacto contigo para formalizar a inscripción.

OBRADOIROS

Campamento “Pon un museo na túa vida”

Datas: 27-28-29 de xuño.

A TUA ÁRBORE XENEALÓXICA

Os pazos son edificios que, na maioria dos casos, pertenceron a familias fidalgas. Para estes fidalgos era moi importante a xenealoxia das súas familias, xa que en gran parte era a que xustificaba a súa condición. Existían diferentes expresións da xenealoxía dunha familia fidalga, escudos, xenealoxías familiares, e tamén árbores xenealóxicas. Esta última foi un elemento moi presente nos pazos e o pazo de Tor non é unha excepción. E por iso que partindo de esta premisa, e tomando como modelo os que existen neste pazo, faremos a súa árbore xenealóxica familiar e aprenderán quen é cada membro da familia e o parentesco entre eles.

TOR E OS SEUS ESCUDOS

Outro dos elementos que non faltan nos pazos e que tamén están directamente relacionados coa xenealoxía das familias que os habitaron, son os escudos heráldicos. Falaremos deles, miraremos todos os que hai no pazo de Tor e aprenderemos cales son as súas partes e que significaban, para despois facer un escudo que nos represente.

A MEMORIA DO PAN

Os pazos eran como pequenas cidades en si mesmas, totalmente ou practicamente autosuficientes. Aquí se facía practicamente todo o que era necesario para a vida cotiá. Faremos unha visita na que veremos ata que punto isto era así. Poñendo especial atención no grán dende a sua recoleción ata a súa transformación en alimento.Logo acenderemos os fornos de Tor e veremos que cousas ricas poden sair despois de tanto traballo.

RESMAS E PLIEGOS

Son duas medidas tradicionais que servian para medir cantidades de papel. Veremos a importancia do papel ao longo da historia dos pazos e veremos algunha medida tradicional mais que existia no pazo para outro tipo de cousas. Tamen veremos o importante que é ser sostible hoxe en día e realizaremos un obradoiro onde crearemos os nosos papeis sostibleles e persoalizados partindo de papel usado.

(RE) CONEXIÓN

Deixando de lado os obradoiros máis técnicos e usando así as xornadas para levar a cabo a gravación audiovisual, sendo esta a escusa para a reconexión interxeracional, que é o propósito esencial deste proxecto.

Co material gravado, 6-8 historias de bibliotecas vivas ao longo da provincia, montaríase unha peza final de 12-15 minutos que sería o que se proxectaría nalgunha estancia da Rede Museística.

Datas: 18 e 19 de xullo.

Horario: 10:00 a 14:00.

Idades: 8 a 12 anos.

Prazas: 6.

III TORNEO DE AXEDREZ DO PAZO DE TOR

Datas: 30 de xullo.

Contacto: Asociación Galega de Axedrecistas 981 150 168 / 608 084 705

AMADRIÑANDO Á REDE: o compromiso de nacer cun museo baixo o brazo.

DATAS: A partir do 1 de agosto.

PROGRAMA ONDE NACEN ÁS HISTORIAS.

Trátase dunha programación multiartistica para a infancia e a adolescencia, composta por 5 xornadas con múltiples obradoiros de diferentes disciplinas artísticas e artistas locais, integrando todas as artes dun xeito tranversal cunha perspectiva feminista, multicultural, LGTB+ e inclusiva.

Historia en imaxes

Imaxinación á mesa

O legado das palabra

Redes de escritura

A maxia das raíces

Teatro para todes

Un fogar para todes

Lendas da Terra

Datas: do 2 ao 6 de agosto.

Prazas: 20.

IMAXES SACRAS PAZO DE TOR

Proxecto de formación , creación e investigación a través da fotografía, integrando a un recoñecido fotógrafo galego Vari Caramés e a poboación das aldeas da Ribeira Sacra do Río Miño. A exposición en formato proxección se realizará no Pazo de Tor.

Datas: 5 de agosto

SACRA FESTIVAL 2022

  • IMAXES SACRAS ÁS 20:00
  • COMPAÑÍA 5S 21:00
  • DUZARO 21:30
  • DAVIDE SALVADO

Datas: 5 de agosto

RESIDENCIAS

[Da]terraSemente [Dá]sementeTerra

Encontros de cocreación artística coa comunidade e a contorna rural con Carla Andrade, Eva Antelo, Rosa Neutro e María Roja.

  • Inicio residencias: 3 de agosto.
  • Presentación proxectos de creación: 5 agosto.
  • Interación artistas no proceso creativo: do 6 ao 11 de agosto.
  • Formalización e montaxe: 12 de agosto.
  • Inauguración proxecto expositivo: 13 de agosto.

Escrita no remoto” con Yolanda Castaño

Datas: de Xullo a Novembro coa FUNDACIÓN UXÍO NOVONEYRA e a REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO

PROXECIÓN EXTERNA DA REDE MUSEÍSTICA

soTERRAdas no FANCINE LEMOS

Datas: 7,8 e 9 de xullo en Monforte.

CREACIÓN DE CONTIDOS E RELATOS DIARIOS DE INSPIRACIÓN BRUXULA

Datas: Xullo e agosto.