Programa escolar sobre igualdade de xénero

Os museos que non serven para a vida non serven para nada, proclama o Movemento para unha Nova Museoloxía (MINOM). A Rede Museística Provincial de Lugo, en coherencia con este principio, traballa desde o territorio, a través do patrimonio e coa comunidade, como espazos abertos á escoita, á re exión, e á tolerancia ante a pluralidade social.

En consecuencia, este bloque educativo centrado na Igualdade de Xénero desenvolve accións que afondan nos conceptos de identidade, recoñecemento, visibilidade e respecto, como dereitos funda para a convivencia.

Traballaremos varios eixos fundamentais utilizando as coleccións dos museos como medio:

  • Recoñecemos mulleres artistas.
  • Valoramos as tarefas atribuídas ás mulleres na Historia, especialmente as dos coidados.
  • Rachamos cos estereotipos de xénero e destacamos a diversidade de ser.
  • Identificamos o papel das mulleres no desenvolvemento das sociedades, en especial nas comunidades rurais, desde a ollada do ecofeminismo.

Cales son os nosos obxectivos?:

  • Promover a igualdade con perspectiva de xénero entre o alumnado.
  • Eliminar os prexuízos sexistas fomentando o pensamento crítico e respectando a diversidade de xénero.
  • Estimular a creatividade para xerar relatos inclusivos dentro do museo.
  • Aumentar o coñecemento sobre as mulleres artistas na historia da arte.
  • Recoñecer a historia das mulleres como parte esencial da evolución humana.
  • Impulsar unha actitude comprometida, ecoloxista e cidadá na defensa dos dereitos humanos.
  • Acadar as metas da Axenda 2030, e particularmente o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) 5 sobre a Igualdade de Xénero.

A nosa programación sobre Igualdade de Xénero inclúe múltiples propostas e actividades, enfocadas e deseñadas específicamente para os distintos ciclos escolares e para as familias. Aquí podes descargar os cadernos didácticos:

Buscar por:

  • Museo Provincial de Lugo, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar, Online

  • Gratuíto

  • Con concertación previa

  • comunidadermpl@gmail.com

Características:

Solicita máis información
Solicita unha visita

Recursos asociados a esta actividade

Outras actividades deste programa