Programa Escolar

Solicita máis información
Concertar una actividad

A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a disposición dos centros escolares a súa programación para o curso escolar 2021-2022.

Como cada ano, o obxectivo primordial que perseguimos é achegar o patrimonio conservado nos nosos museos ao alumnado e, para acadalo, ofrecemos un conxunto de propostas caracterizadas polo seu compoñente educativo, lúdico e multicanle.

Consideramos que os museos son espazos de afecto nos que aprender debe ser unha tarefa divertida, polo que cada unha das nosas iniciativas está enfocada a que o alumnado sexa non só partícipe, senón tamén protagonista da mesma.

Do mesmo xeito, conscientes da nova realidade que vivimos por mor da COVID-19, ofrecemos actividades que poden ser realizadas tanto presencialmente nos museos coma de xeito virtual, e mesmo en ambos formatos. Ademais, contamos con “maletas viaxeiras” dispostas a romper barreiras e distancias, listas para desprazarse ata os centros escolares cargadas de coñecemento e diversión.

O equipo humano da Rede Museística Provincial de Lugo traballa cada día para tecer lazos coa comunidade educativa, e afronta con ilusión este novo curso escolar. Descubre o noso programa de actividades e contacta con nós!

Podes descargar a programación completa aquí.

Programación escolar completa

Buscar por:

  • Museo Provincial de Lugo, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar

  • Gratuíto

  • comunidadermpl@gmail.com

Características:

Solicita máis información
Concertar una actividad

Actividades incluídas neste programa

Otros programas da comunidade educativa