Coincidindo coa data de inicio oficial do curso escolar 2022-2023 a Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a disposición dos centros escolares a súa programación para o curso escolar 2022-2023.

O obxectivo primordial que perseguimos é achegar o patrimonio conservado nos nosos museos ao alumnado e, para acadalo, ofrecemos un conxunto de propostas caracterizadas polo seu compoñente educativo, lúdico e multicanle.

Consideramos que os museos son espazos de afecto nos que aprender debe ser unha tarefa divertida polo que cada unha das nosas iniciativas está enfocada a que o alumnado sexa non só partícipe, senón tamén protagonista da mesma.

O equipo humano da Rede Museística Provincial de Lugo traballa cada día para tecer lazadas coa comunidade educativa e afrontar con ilusión un novo curso escolar.

Para pór en práctica as actividades propostas ofrecemos estas modalidades de aproveitamento que son:

1.-Visitas presenciais aos museos da Rede. Con acompañamento de persoal dos departamentos de didáctica.

2.-Visitas virtuais (en liña). A través de medios  telemáticos, con acompañamento de persoal dos departamentos de didáctica.

Estas dúas modalidades precisan de concertación previa e están sometidas a un calendario.

3.-Recursos educativos de libre disposición. Ofrecemos ao profesorado e alumnado interesado recursos educativos en liña a través do nosa plataforma educativa: www.comunidadermpl.es

4.-Ademais, contamos con “maletas viaxeiras” dispostas a romper barreiras e distancias, listas para desprazarse ata os centros escolares cargadas de coñecemento e diversión.

Concertacións, consultas e contactos

Para realizar as visitas presenciais e virtuais, así como solicitar as “maletas viaxeiras”, debe concertarse única e exclusivamente, o mesmo que calquera outro tipo de comunicación relacionada con esta programación, a través do mail: concertacionsrmp@gmail.com

Descargar o programa

Formulario de Avaliación Actividades

 

RECURSOS EDUCATIVOS A LIBRE DISPOSICIÓN: