PROVA de Patrícia Barbosa. Pazo de San Marcos de Lugo. VIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Inaugurouse en decembro de 2020 no Pazo de San Marcos

Fotos da inauguración de PROVA, exposición producida a raíz do proxecto gañador da VIII edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, un traballo que vai para alén do fotográfico. A exposición, curada por Vítor Nieves, inaugurouse en decembro de 2020 no Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo.

Logo de varios anos de investigación, a autora, mestura xunto coas súas fotografías documentais, documentos históricos, escenificacións, fotografías antigas e varios obxectos. Unha grande colección coa que deconstrúe o aprendido sobre a historia recente.

A artista parte do descubrimento dun álbum de fotografías do seu pai da época na que foi militar en África, enviado polo Novo Estado portugués para a defensa do que na altura chamaban “Províncias de Ultramar”. Logo dun proceso de desaprendizaxe e de relectura, consegue, a través de numerosa obxectoloxía como cartas ou postais, reescribir a historia dunha época na que a supremacía europea anulaba as numerosas identidades africanas. Nese proceso, Patrícia fálanos dos xogos de poder, exercido sempre na mesma dirección: desde o home branco cara todos os demais seres cos que cohabita, sexa nas colonias ou na metrópole.

O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea é organizado pola Asociación Outono Fotográfico e patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e conta do apoio de Afundación para a itinerancia.

Buscar por:

  • Decembro de 2020 no Pazo de San Marcos

  • Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo

  • Gratuito

Características:

Solicita máis información
Solicita unha visita

Recursos asociados a esta actividade

Outras actividades deste programa