Proximidade Llunyana, en Navia de Suarna

Exposición itinerante

Esta acción forma parte de: Mulleres rurais

Onde se desenvolve: Navia de Suarna

Dende o 15/10/2022

Presencial

Dentro das itinerancias previstas pola Rede Museística da Deputación de Lugo, Proximidade Llunyana achégase a partir do 15 de outubro, Día da Muller Rural, ata o concello de Navia de Suarna. A inauguración terá lugar ás 18:00h. diante da casa do concello pero antes, pola mañá, desenvolverase un obradoiro e  a continuación do acto de inauguración terá lugar un faladoiro.

Proximidade Llunyana forma parte do programa: “Mulleres Rurais” que se vén desenvolvendo na Rede Museística da Deputación de Lugo en colaboración de colectivos e persoas de moi variada procedencia. Está organizado pola área de Cultura e a vicepresidencia da Deputación de Lugo, encargándose da coordinación integral do programa, Encarna Lago, xerente da Rede Museística.

  • Obradoiro: (RE)CONEXIÓN:

Sábado, 15 de outubro, de 11:00 a 14:00h.

Lugar: Casa Quindós

Inscricións para participar en: neocultivocultural@gmail.com

A través dun obradoiro audiovisual as participantes (de entre 10 e 15 anos) formarán equipo para entrevistar a mulleres maiores da súa comunidade, co obxectivo de recuperar e divulgar historias en risco inminente de ser esquecidas, crear lazos interxeracionais e aprender valores en positivo.

  • Exposición

Lugar: Navia de Suarna (diante da Casa do Concello).

A partir do 15 outubro de 2022 ás 18:00h.

  • Faladoiro: “Máis alá do Día de…: As mulleres  do rural de onte e hoxe no territorio”.

A continuación do acto inaugural na Casa do Concello terá lugar un faladoiro arredor do tema “Máis alá do Día de…: As mulleres  do rural de onte e hoxe no territorio”. Actividade aberta ás intervencións de todas as persoas asistentes.

Enlaces de interese

Tamén lle pode interesar