Quebracabezas/Memory/Código ODS 20-30
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) constitúen un chamamento universal á acción para pór fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo. En 2015, tódolos Estados Membros das Nacións Unidas aprobaron 17 obxectivos como parte da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, na cal se establece un plan para acadalos antes do ano 2030.
Esta proposta didáctica está destinada a dar a coñecer e concienciar ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria sobre a importancia dos 17 ODS. Trátase dunha visita ao Museo Provincial de Lugo que percorrerá unha serie de pezas a través das que se abordará cada un dos obxectivos: por cada ODS veremos dúas obras, unha positiva que permita amosar os beneficios de acadalo e outra negativa que mostre as perdas e os inconvenientes que terá para o planeta e para as persoas non acadalo.
Unha vez concertada a visita, remitirase ao profesorado unha listaxe coas obras e pezas que se tratarán, coas fotografías correspondentes, co fin de que o alumnado poida realizar unha toma de contacto previa co tema.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030 (UNESCO)
- Fin da pobreza
- Fame cero
- Saúde e benestar
- Educación de calidade
- Igualdade de xénero
- Auga limpa e saneamento
- Enerxía asequible e non contaminante
- Traballo decente e crecemento económico
- Industria, innovación e infraestrutura
- Reducción das desigualdades
- Cidades e comunidades sustentables
- Producción e consumo responsables
- Acción polo clima
- Vida submarina
- Vida de ecosistemas terrestres
- Paz, xustiza e institucións sólidas
- Alianzas para lograr os obxectivos
+ info: https://es.unesco.org/sdgs
Museo Provincial de Lugo
Gratuíto
comunidadermpl@gmail.com