Pazo de TorPazo de Tor

Sobre nós

A Rede Museística Provincial de Lugo foi constituída oficialmente no mes de xuño do ano 2006, e aglutina os catro Museos actualmente dependentes da Deputación Provincial de Lugo:

A creación da Rede respondeu á necesidade de unificar criterios e obxectivos, incentivar a colaboración, optimizar os recursos, procurar que as catro entidades se beneficien da condición de ser museos e buscar que todas as persoas teñan acceso a eles, converténdose así nun modelo de sostibilidade económica, social e medioambiental.

Modelo de Xestión

A Rede Museística Provincial de Lugo é un organismo cun modelo de xestión próximo, en diálogo permanente coa sociedade. O noso principal obxectivo é tratar de cambiar a percepción dos nosos museos, convertelos en lugares de encontro, accesibles e inclusivos; espazos para a educación e a investigación. Fortalecer este vínculo coa sociedade é esencial para favorecer a identificación dos cidadáns coas coleccións que custodiamos nos catro museos, promovendo o sentimento de propiedade colectiva dos bens culturais e forxando o sentimento de comunidade. Queremos museos dinámicos e cheos de vida.