Saudarte en Rede
Os museos somos sanadores:
Saudarte en Rede é un programa artellado desde o corazón da Rede Museística Provincial en colaboración coa Área Sanitaria de Lugo. É a nosa aperta para os nenos e nenas hospitalizados na provincia de Lugo, para as súas familias e para o persoal sanitario.
O obxectivo deste proxecto é humanizar a estancia hospitalaria dos pacientes pediátricos a través da experiencia cultural nos museos da Rede Museística Provincial. Ofrecemos unha programación de actividades que se centran nas necesidades e na atención individualizada de cada neno ou nena, así como das súas familias. Ademais, están deseñadas nun formato sinxelo, lixeiro e flexible; pensado para seren realizadas en pouco tempo e ao longo da semana, co fin de facilitar o descanso da rapazada participante.
Xoga con nós!
- Catro en Rede: Un xogo pensado para que os nenos e nenas poidan saír do seu “confinamento” hospitalario e viaxar polos catro museos da Rede, a través de xogos e probas cargadas de diversión.
- Escape room pola Rede: Podedes aprender xogando e paseando polos nosos museos a través das visitas inmersivas. Nelas están deseñadas dez escape room, nas que diferentes personaxes vos guiarán por unha serie de probas e aventuras ata completar o percorrido temático elixido: 1 “Lugo romano”, 2 “Como nos vestimos ao longo da historia”, 3 “Vexo, vexo… e descubro o meu entorno”, 4 “ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible)”, 5 “Igualdade”, 6 “Crea o teu museo”, 7 “A Idade Media na Rede Museística Provincial de Lugo”, 8 “Pazo de Tor”, 9 “Museo do Mar”, 10 “San Paio de Narla”.
Infantil e FamiliaMuseo Provincial de LugoMuseo provincial do MarMuseo-Fortaleza San Paio de NarlaPazo de TorProgramas
Museo Provincial de Lugo, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar
Gratuíto
Sen límite de participantes
comunidadermpl@gmail.com