Como resultado dun proceso de investigación, conservación e comunicación nace esta exposición permanente froito dun novo proxecto museolóxico e museográfico que cambia o ADN do Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor (Rede Museística Provincial de Lugo).

O museo foi unha institución privilexiada de e para unha clase determinada, o espazo onde se conservou o coñecemento e a historia “oficial”, e, aínda que isto cambiou debería cambiar moito máis. Tiñamos por diante o reto de reformular a institución en clave de diversidade, igualdade e sustentabilidade. A renovación do pensamento e da práctica museolóxica da altermuseoloxía iniciada por Pierre Mayrand, marcounos o camiño. Debemos profundar na idea dun museo expandido, aberto, flexible, dinámico e accesible á expresión humana traballando en rede en contornas compartidas. Con SoTERRadas un novo museo chegou para quedar. Un rede de museos que traballa e pensa no común, en que ninguén quede fora.

Que relato estabamos a facer? Que relato estamos a trasladar? Estamos a facer un discurso de poder, sometidos á metahistoria. Que cremos que se debe facer?

Dado que o museo é un ente vivo e dinámico para chegar a SoTERRAdas seguimos o exemplo das que coidaron a vida exemplificando no crecemento dunha planta:

1. Preparar a terra, acondicionala e coidala. Como o traducimos? Tomando conciencia desde o individual ao profesional. Somos terra.

2. Abonar a terra. Facémolo a través da transformación con todo o proceso previo descrito anteriormente.

3. Sementar/Plantar: facemos esta proposta de intervención, actuación e acción en dous museos a través desta exposición que supón un novo proxecto museolóxico e museográfico integral. Para plantar debemos elixir unha semente, unha boa semente, aquela que nos asegure o crecemento apropiado da planta. Así consolidaremos ideas e por fin estes museos estarán a servizo real de toda a sociedade siedo inclusivos, igualitarios e sostibles.

4. Coidado e mantemento para o crecimeinto, regar, abonar, quitar as malas herbas, coidar a planta. Que a título metafórico tradúcese en SoTERRADASdas un proxecto de continuidade de educación en valores do noso día a día.

5. Regar: regar é o mantemento, esas cousas concretas que son apropiadas para obter os niveis desexados. Isto é constancia, tradúcese no traballo diario dos museos pola igualdade real no día a día para que a planta consolídese e creza.

Tal e como dicía Walter Benjamin “Nada do que acontecese hase de dar para a historia por perdido”. Iso facemos con SoTERRAdas non dar por perdido na historia.

 

DESCARGA O DOSSIER DO PROXECTO

CASTELÁN

 

VISITAS INMERSIVAS

 

VIDEOS DO PROXECTO