Un Ronsel de Futuro: o xogo da literatura, o cine e o teatro a través do museo

“Ronsel de futuro” é un proxecto que mira cara o pasado para proxectarse no futuro a través das ferramentas que nos ofrecen o teatro, o cinema e a literatura. Trátase dun proxecto educativo de web-serie, elaborada cos centros educativos que participen nas actividades da programación escolar dos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo.

Obxectivos:

  • Dar a coñecer os nosos museos a través do audiovisual.
  • Entender a importancia do museo como relator e promotor de historias.
  • Fomentar a creatividade e creación de contidos audiovisuais, literarios ou teatrais.

Como participar?

Aqueles centros escolares que realicen algunha das actividades didácticas da nosa programación poderán partipar, se odesexan, na realización desta web-serie. O equipo humano da Rede Museística continuará en contacto co grupo, proporcionándolle as pautas e os recursos para a gravación dun vídeo curto, de 5 ou 6 minutos, que constituirá un capítulo da serie. O alumnado poderá empregar todos os recursos do eido da literatura, o teatro ou o cine para construír un relato baseado na actividade que realizou anteriormente no museo, no que supuxo para el esa experiencia ou no aprendido durante a mesma.

Haberá premios para as mellores curtas!

Ao remate do curso escolar, coincidindo coa estrea da web-serie, farase unha entrega de premios ás mellores curtas ou capítulos:

1º premio.

2º premio.

3º premio.

1º Accésit.

2º Accésit.

3º Accésit.

Outras actividades deste programa