Ábrese o prazo de inscricións para poder asistir ás XX Xornadas Pedagóxicas que baixo o título “O poder da educación nos museos” terán lugar nos diferentes museos da Rede Museística Provincial os días 25 e 26 de maio, e 1 e 2 de xuño de 2022. O prazo de inscricións remata o 20 de maio de 2022.

Primeira xornada: 25 de maio de 2022

Lugar: Museo Provincial de Lugo

Programa:

16:00h-16:30h – Presentación das xornadas e entrega material

16:30h-17:00h – “Museos e educación. Ante o reto da pandemia: programación multicanle”. Encarna Lago, Xerente da RMPL.

17:00h-17:30h – “Situando al Museo desde la acción educativa”. Ana Moreno, Coordinadora da Área de Educación do Museo Nacional do Prado.

17:30h-17:45h – Descanso

17:45h-20:15h – “Introdución á programación escolar do MPL a través de casos prácticos”:

  • “Rumbo 2030. Os museos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”. José Urbano Cuevas, Auxiliar de Sala da RMPL.
  •  “Do museo á aula: escape room online e maletas viaxeiras”. Victoria García e Javier Rego, Auxiliares de Sala da RMPL.
  • “Efecto espello: Retrato, autorretrato e selfie”. Lucía Dequidt, Guía do MPL.
  • “ Visita ao Lugo Romano”. María Losada, Guía do MPL.
  • “As Rutas literarias do MPL: literatura, patrimonio e traballo en equipo”. Omar L. Canto, Auxiliar de Sala da RMPL.
  • “Museum outing. Museos que saen do armario”. Pilar Sánchez, Auxiliar de Sala da RMPL.

20:15h-20:35h – “Hackeando o discurso dos museos”. Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo; Carola Casal, Museóloga-Conservadora, investigadora de Museos. Docente. Divulgadora. Xestora Cultural ; José Urbano Cuevas, Auxiliar de Sala da RMPL, e Vega L. Segalà, Samuel García e Sara Campo, Club Pequeamigxs e Club EI! da RMPL.

20:35h – 21:00h – Mesa de debate e clausura.

Segunda xornada: 26 de maio

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

Programa:

16:00h-16:45h – Saída de Lugo e viaxe ao Museo San Paio de Narla

16:45h-17:15h – “Como traballar desde a educación os recursos do territorio”. Alexandra Rey, Xestora cultural, artista e deseñadora gráfica.

17:15h-17:45h – “O noso heroe volve a casa. O neno de Friol que levou a primeira vacina ata América”. Antonio López Jo, xornalista.

17:45h-18:00h – Descanso

18:00h-18:30h – “Comunidade e territorio. A proposta pedagóxica “Fotografías centrípedas”. Patricia Coucheiro, Mestra e comunicadora audiovisual.

18:30h-20:30h – “A programación escolar do Museo Fortaleza San Paio de Narla”. Paula Arias, Ariadna Segalà e Rosa Sanmartino, Auxiliares de Sala da Rede Museística Provincial de Lugo.

20:30h-21:00h – Debate e clausura

21:00h – Viaxe de clausura a Lugo.

Terceira xornada: 1 de xuño, modalidade presencial. 

Lugar: Museo Pazo de Tor

Programa:

16:00h-16:45h – Saída de Lugo e viaxe ao Museo Pazo de Tor.

16:45h-17:15h – “Ronsel de futuro. A webserie como recurso didáctico”. Encarna Lago (Xerente da RMPL), Rubén Pérez e Brian Rodríguez (Sr. López Producións).

17:15h-19:15h – Obradoiro  a cargo de María Gar, artista.

19:15h-19:30h – Descanso

19:30h-20:30h – “Introdución á programación escolar do Museo Pazo de Tor a través de casos prácticos”.

  • ​“O teu gabinete de curiosidades”. Verónica Fernández e Simón Vicente, Auxiliares de ​Sala da RMPL
  • “Travesía pola historia do Pazo de Tor”. Tar López, Encargado de Auxiliares de Sala da RMPL.

20:30h-21:00h – Debate de clausura

21:00h – Viaxe de regreso a Lugo

DISPOÑIBILIDADE DE AUTOBUSES

Cuarta xornada: 2 de xuño 

Lugar: Formato online. Museo Provincial do Mar

Programa:

16:00h-16:15h – Inicio da conexión e presentación

16:15h-16:45h – “Hibridar el museo. Sobre pizarras, tizas y gafas de realidad aumentada”. Rufino Ferreras, Xefe da Área de Educación do Museo Thyssen Bornemisza de Madrid.

16:45h-18:45h – “Mulleres artistas. 500 anos, 2 décadas”. Virginia Rivas, artista.

18:45h-19:00h – Descanso

19:00h-20:00h – “Introdución á programación escolar do Museo Provincial do Mar”. Ángeles Miguélez, Encargada de Auxiliares de Sala.

20:00h-21:00h – “Un ronsel de futuro. A educación nos museos da RMPL: de onde vimos e cara onde imos”. Coloquio co persoal da Rede Museística Provincial de Lugo.

INSCRICIÓNS

-Docentes a través de L2101076 fprofe: edu.xunta.gal/fprofe

-Profesionais dos museos e estudantes (10 prazas): concertacionsrmp@gmail.com

Inscricións abertas: ata o 20 de maio de 2022.